|
Morre na estrada o Presidente dos Empresarios de Cee |
Correo-e
|
|
lunes, 28 de diciembre do 2009 |
|
Nova desgracia na Costa da Morte nestas dramáticas datas do Nadal. Se hai dous dias a estrada cobrábase un par de vidas, a Costa amencía hoxe conmocionada pola perda de Javier Periscal. Periscal, malia a súa xuventude (30 anos), era o Presidente da Asociación de Empresarios de Cee, fillo do xerente de Talleres Periscal. O accidente de tráfico tivo lugar en Orbellido, Vimianzo, na estrada AC-441 que vai dende A Pereira a Berdoias. O vento puido ser a causa de que o seu Ford Focus se desprazase e chocase contra un poste da luz. Javier, que ía de condutor, faleceu no acto, mentres que a súa irmá saíu ilesa do accidente. A familia costeira empresarial ponse de luto, pois Javier era ademais directivo da FECOM, dende onde mostran o seu tráxico sentimento. Luto na Asociación de Empresarios de Cee Dende a Asociación de Empresarios de Cee, Xunta Directiva e tódolos seus socios queren mostrar a súa máis profunda tristeza pola perda do presidente e amigo Javier Periscal. Así mesmo, queren eloxiar a súa labor feita con ilusión e esmero. Novas relacionadas Fonte
|