Xoves, 11 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O neto da anciana desaparecida de Laxe recoñece a súa implicación na morte  Correo-e
lunes, 28 de diciembre do 2009

Image

Xa hai o primeiro implicado no caso da anciana desaparecida durante máis de dúas semanas en Laxe. Gonzalo Ferreira Pose, neto da anciana de 92 anos, logo de ser levado a prisión, recoñecía, no xulgado de Carballo, a súa implicación na morte da súa avoa, Aurora García Suárez.

A anciana desaparecía o pasado día 12, e foi atopada o día 24 de nadal a escasos 50 metros de casa. Unha das causas da morte podería ser o diñeiro, pois a anciana acostumaba a levar unha certa cantidade de cartos sempre enriba. Ese día levaba case que 1.500 euros.

Segundo informa La Voz de Galicia, o neto declarou que a súa única intención era facerse cos cartos da súa avoa, pero que tralo forcexeo, esta caeu e matouse. O seguinte paso foi agochar o cadáver preto dun regato, o que propiciou que non se atopase ata que as subidas polas choivas o descubriron.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com