|
Xa corren as tapas por Muxía |
Correo-e
|
|
lunes, 28 de diciembre do 2009 |
|

Xa está en marcha o I Concurso de Tapa Muxía, que organiza o Concello de Muxía. Esta fin de semana abriuse o telón do certame e os sete establecimentos hostaleiros que se apuntaron á iniciativa prepararon unhas tapas de alta gama. Esta foi a primeira tanda, pois a vindeira fin de semana haberá máis. Concurso Para votar no concurso, e tomando nota dos Pinchos Irmandiños vimianceses, o degustador terá que anotar na tarxeta da votación, logo de probar alo menos cinco dos pinchos presentados. As tarxetas de votacion e as urnas para votar estan nos bares que participan./>p> Os pinchos “Gambas empanadas en millo con maionesa de albariño” de "O Pinar"  “Delicias do mar” de El Riojano  “Champiñón recheo” de O Porto  “Boi en salsa de coral e torrada de manteiga coas súas ovas” da Vinoteca Lorena  A “Crepe rechea” de O Xardín  “Choco a choco” de O Coral  Tamén está en concurso, pero non puidemos trae a fotografía do pincho “Xelatina de percebe con revolto de algas e gambas” que prepara O Prestige. Para a semana poderemos degustar máis pinchos, e achegarnos a Muxía a votar polo mellor. Novas relacionadas
|