Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Laxe prepara a súa Noitevella  Correo-e
martes, 29 de diciembre do 2009

Image

A piques estamos xa de despedir este 2009 e na Costa, como non podía ser doutro xeito, queremos facelo por todo o alto, con festa das boas.

E desta volta chéganos unha iniciativa da man da Comisión de Festas de Laxe, unha comisión que collía aires novos este ano e renovábase completamente. I é que as festas patronais de Laxe, aló polo 15 de agosto, semella que entraran en decadencia nos últimos anos. Malia ser as festas máis soadas en quilómetros ao redor, tanto as xentes de Laxe como os visitantes non puñan nos veráns de 2008 e 2007 boa cara ante os carteis, con orquestras e agrupacións pouco soadas ou descoñecidas para a maioría do público. Hai que ter en conta tamén que os hostaleiros laxenses, que son os que fan o agosto nos días da festa (e nunca mellor dito), non son moi dados a colaborar en liñas xerais.

Pois ben, a nova comisión de festas non quere deixar os deberes para última hora e coa intención de ir xuntando cartos para confeccionar un cartel axeitado, vén de organizar unha festa para esta Noitevella.

Trátase dunha festa de Fin de Ano en toda regra con música, actuacións en directo, refrixerios e cotillón. Agora só falta a xente. Como se adoita dicir, só faltas ti. No eido musical haberá unha discoteca móbil ó longo da noite e contarán ademáis coa actuación especial dun dos grupos revelación do ano na Costa. Falamos de O Tren Da Unha, agrupación que xurdía este ano na vila das Mareas Vivas da man de Piticas, Jesús Mari Pose, Víctor e Tom, e que colleitou bo éxito nunha morea de festas pola Costa adiante. Ben seguro que nesta sesión de Noitevella non faltan algúns dos seus grandes éxitos como “La braguita”.

A festa dará comezo logo das badaladas. Será na Praza dos Voluntarios, fronte ó Concello. Non hai que ter medo ó frío ou á chuvia porque dende a Comisión apuntan que haberá unha gran carpa.

Por último, como non pode ser doutro xeito, a Comisión convida a tódalas xentes de Laxe a asistir a esta festa xa que ademáis de ser unha celebración para pasalo ben, é unha forma de colaborar de cara á consecución dun obxectivo claro: que o vindeiro verán Laxe volva ter as festas que merece.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Fran Lago para QPC.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com