Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Licitada a construción do acceso ao porto de Brens  Correo-e
martes, 29 de diciembre do 2009

Image

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de licitar a redacción do proxecto de trazado e construción da obra de acceso ao porto de Brens.

Segundo a Xunta, "a construción desta infraestrutura conseguirá rebaixar o tráfico polo núcleo urbano de Cee". Queda aberta así a posibilidade de realizar desprazamentos entre Bustelo e Brens sen necesidade de atravesar o núcleo de Cee.

Datos

  • A actuación ten unha lonxitude de 8,91 quilómetros e consta de dous treitos: o primeiro, un corredor de 5,85 km; e o segundo, unha vía para automóbiles de 3,06 km.
  • A elaboración da redacción do citado proxecto ten un ivestimento de 527.607 euros.
  • O prazo de execución deste contrato é de 15 meses.

Características técnicas

A conexión ao porto de Brens realizarase cun vial de nova construción de 8,91 quilómetros de lonxitude que se divide en dous treitos. Por unha parte, o primeiro tramo correspóndese cun corredor comprendido entre o punto quilométrico 0 e a estrada AC-552 (A Coruña- Cee). A súa lonxitude é de 5,85 km e ten unha velocidade de 100 km/hora. Por outra parte, o segundo treito, unha vía para automóbiles, vai dende a AC-552 ata a AC-550 (Cee- Ribeira). Este intervalo, cunha lonxitude de 3,06 km, permitirá unha velocidade de 80 km/hora, estimando a inclusión dun terceiro carril para os vehículos lentos no sentido Brens- Dumbría. Ambos tramos contarán con seis pasos superiores e outros seis inferiores.

A alternativa elixida para o trazado é a que discorre máis afastada dos núcleos de poboación tanto no primeiro treito (Lobelos, Morancelle, Cavado, Xallas) como no segundo. Cómpre sinalar que esta opción, afasta o máximo posible o eixo das edificacións e proporciona unha maior lonxitude de adiantamento así como un menor impacto ambiental.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com