|

Ao redor duns 400 quilos, que estaba sendo manipulado e descongelado sen as suficientes garantías sanitarias para a súa comercialización, foron incautados hai unha semana pola Garda Civil no peirao pesqueiro de Muxía. En concreto, o citado produto, en orixe conxelada, pretendía porse á venda coma se fose peixe fresco e así deste xeito garantir en maior medida a súa saída comercial. Os primeiros en advertir a irregularidade foron os gardas de Corcubión, que nunha inspección rutineira polo peirao muxiano, observaron como desde un camión estacionado a pié do mesmo saía unha mangueira que conectaba directamente coa auga do mar. Estrañados por tal circunstancia aproximáronse ao vehículo e puideron verificar que a mangueira estaba sendo utilizada para extraer auga, mediante un sistema de bombeo, que bañaba uns colectores dentro do compartimento isotermo do camión. As caixas contiñan unha cantidade importante de rape en proceso de descongelación a través da operación descrita. En calquera caso, os axentes advertiron ao responsable da carga de que aquel peixe non podía ser comercializado nesas condicións, por carecer a auga, posiblemente con restos de aceites e hidrocarburos, e o propio proceso das garantías sanitarias e hixiénicas que se supón para devandito mester, ademais de romper a cadea de frío dunha forma pouco ortodoxa. Con posterioridade trasladáronse ao lugar dos feitos outros axentes do Seprona acompañados do servizo de salúd pública da Xunta quen confeccionaron a correspondente acta de infracción, ao comprobarse que o responsable do transporte, ademais de carecer de documentación acreditativa sobre o produto, realizou unha manipulación do mesmo sen adoptar as adecuadas medidas hixiénico-sanitarias e fóra dun establecemento autorizado, pondo en risco a saúde do consumidor ao tratar de pór á venda parte da mercancía como peixe fresco unha vez elaborado e embasado. Os autores da intervención foron xentes da Garda Civil adscritos ao Posto de Corcubión, xunto con outros do Seprona da Coruña auxiliados por un inspector veterinario de saúde pública da Consellería de Sanidade. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Garda Civil.
|