Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Mercado de Belén estivo no adro da igrexa de Cerqueda  Correo-e
miércoles, 30 de diciembre do 2009

Image

Se xa é típico que os nenos e nenas da Costa da Morte se convirtan nos verdadeiros protagonistas dos beléns viventes organizados por concellos e colectivos socioculturais, nesta ocasión na parroquia de Cerqueda non só se quixo facer entrega de ofrendas ó neno Xesús, senón que ademais se artellou un Mercado de Belén para converter a presente nunha cita atractiva a todos os públicos. Detrás da iniciativa, por suposto, a AC Raigañas de Cerqueda, que preparou un Nadal para cativos en Cerqueda.

Durante semanas atrás a rapazada da parroquia estivo a elaborar unha ampla variedade de produtos: trufas, flores, pulseiras, colares, carros de vimbio, tarros de cores. Todo se puxo á venda e todo desapareceu dos seus postos. Mesmo por alí andaba o libro que Xosé Manuel Varela Varela escribiu ao regueifeiro Celestrino, que encontrou algún lector que o mercou para ler nestas datas de Nadal. Tampouco faltaron os pinchos de tortilla que se podían acompañar de viño ou cervexa do país, isto xa para os pais e avós.

Con este Mercado de Belén os máis novos de Cerqueda demostraron o seu espírito emprendedor nunhas datas nas que a crise económica pecha moitas empresas. Recadáronse uns 150 euros que os rapaces investirán nunha merenda de Nadal en vindeiros días. Sen lugar a dúbidas, unha moi amizable maneira de compartir estes días sen escola.

Image 

Reis Magos

As festas de Nadal continúan na parroquia de Cerqueda coa cita dos Reis Magos. Nesta ocasión, non se realizará o percorrido polos lugares da parroquia; non obstante, os Reis acudirán á misa e, nunha carpa que se volverá a instalar no adro da igrexa, farán entrega de agasallos e realizarán o tradicional reparto de caramelos. A novidade da comitiva dos Reis este ano en Cerqueda será que acudirán a unha festa infantil que organiza o restaurante Aldeola. Tras departir cos nenos asistentes á festa, regresarán de novo a oriente.

Nas fotos vemos a María Moscoso, Ana Pose, Icía Varela e Laura Reigía venderon libros e carros. Entre os libros, cabe destacar o libro que Xosé Manuel Varela Varela escribiu sobre Celestrino.

E claro, tampouco faltou Papa Noel...

Image 

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com