sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Cabana dá vida aos beléns e á cestería  Correo-e
miércoles, 30 de diciembre do 2009

Non para o concello de Cabana nesta Nada. Ademais do mes da cestería, continúa o Programa Cultural de Nadal polas parroquias. Por exemplo, podemos ver aquí os tres beléns viventes que se celebraron durante a fin de semana nas parroquias cabanesas de Cesullas, Corcoesto e Neaño dentro do programa de Nadal do concello de Cabana de Bergantiños.

Image

Image

Image 

O alumando dos obradoiros de cestería crea arte con estruturas vivas

A mundo cestería está a cobrar outra dimensión nas terras de Cabana de Bergantiños, dado que á parte das pezas de corte tradicional durante as tardes deste mes de decembro parte do alumnado asistente experimenta con outras formas de traballar as varas de vimbio. Nesta ocasión a proposta foi traballar con estruturas vivas.

Da man da mestra cesteira, Dolores Tourón, os alumnos Adolfo Ternande Fuentes (de Tabuído. Canduas), Elsa Lavandeira Baneira (do Briño. Borneiro) Urbano Rama Rama (da Telleira. Cesullas) e Jaime Gagino Nantón (da Arnela. Canduas) crearon, no xardín da praia do Pendón, unha cabana con varas de vimbio trenzadas. A proposta era construír no paseo da senda fluvial do Anllóns un elemento artístico que lembrase o topónimo do concello cabanés.

Tras ser regado e rodeado de fértil terra, os creadores desta obra de arte viva agardan a que na vindeira primavera as varas de vimbio se enchan de follas e naza así unha estrutura animada da que poderán disfrutar todos os que vaian de paseo pola senda fluvial ou acudan á praia do Pendón.

Novas relacionadas

Fonte

  • Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabana.
  • Fotografías de Xosé Manuel Varela Varela.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com