|

Algo acollerá finalmente o Parque Empresarial de Vimianzo. A falta de empresas, polo menos servirá para que o concello de Vimianzo conte cun Punto Limpo. Xa non terán excusa os veciños de Vimianzo e arredores en rubir o monte para tirar os escombros. E por certo, en breve voltaremos coas Fotodenuncias, para o que agardamos as vosas desgradables imaxes. Así o ratificou o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. E moi satisfeita amósase á portavoz popular Carmen Borbujo Martínez, quen afirmou que "a Xunta apoia con feitos o noso proxecto para Vimianzo", xa que esta era unha das demandas do PP vimiancés. O Punto Limpo vimiancés situarase no Polígono Industrial, nunha superficie de máis de 2.500 metros cadrados, e contará coas habituais servizos de almacenamento e xestión de residuos. O Punto Limpo de Vimianzo suporá un avance moi importante no campo medio ambiental, para evitar puntos negros e vertedoiros incontrolados, e achegar un servizo aos veciños do municipio e a súa contorna supondo un aforro considerable para a administración pública e os privados. A infraestrutura reforzará a capital comarcal de Vimianzo. Ata agora hai que desprazarse aos Puntos Limpos situados en Santa Corda ou Carballo. O Punto Limpo é un dos proxectos que figura na axenda de traballo da dirixente popular, que recordou que esta importante confirmación únese á mellora anunciada en días pasados, prevista para a ponte da Piroga. Pero por certo, coñecemos onde están os Puntos Limpos máis cercanos? coñecemos como veciños se o noso concello ten Punto Limpo? Quedan esas preguntas no aire e haberá que voltar canda elas. Novas relaciondas Fonte - Nota de prensa do PP de Vimianzo.
- Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|