Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Fin de ano Parado  Correo-e
jueves, 31 de diciembre do 2009

Image

Para pechar o ano, nova confrontación total entre PP e PSOE. E de novo, arredor do Parador parado, como vimos comentando nos últimos días. O entorno da fermosa praia de Lourido (na foto) segue virxe, e mentres as acusacións e ata os insultos dan boa conta da falta de diálogo entre os dous partidos. I é que as posicións son radicalmente contrarias e o único perxudicado, de novo, é o pobo da Costa da Morte. Ambas cúpulas comarcais reuníanse onte na zona para poñer a súa posición na voz pública.

Deste xeito, o parador xa non levará, en principio, o selo Penela, e terá que desenvolver de novo todo o proceso de licitación. Uns apuntan que se poderá facer en 6 meses o que levou 2 anos, e os máis pesimistas apuntan outros tantos para volver a onde estamos. Pero quen vai facer o Concurso?

O Goberno estatal

Antón Louro, delegado do Gobierno en Galicia, arremetu estes días con contundencia contra o goberno da Xunta.

"O Concello de Muxía comprometeuse a adquirir os terreos e a polos a disposición do Estado e fíxoo; a Xunta comprometeuse a pór a disposición de Turespaña os proxectos básicos e de execución e aínda non o fixo", afirmou cargando contra a nova Xunta, por non entregar o resultado do Concurso de Ideas. Así e todo, afirmou que é posible que Turespaña asuma todos os trámites para axilizar o proxecto.

O PSOE comarcal: "A Xunta paraliza e bloquea o emprego"

Convocou unha reunión de alcaldes o rexedor muxián Felix Porto, á que só acodiron os da súa cor e mais José Manuel Traba, alcalde popular de Fisterra. Ademais, a Coordinadora Comarcal do PSOE reuníase en Muxía. A conclusión da xuntanza, a "acusación ao goberno de Feijóo de paralizar e bloquear actuacións xeradoras de emprego na Costa da Morte". Continuando co cruce de declaracións con grandes insultos e poucos argumentos (algo no que reinciden unha e outra vez os 3 partidos do país), o PSOE volve coas acusacións á "volta á república bananeira". É máis, chegan a falar de "miseria política e intelectual".

Con respecto o Parador de Muxía, o grupo afirma que "existe un concurso público, acordado entre dúas administracións lexítimas; existe concorrencia competitiva entre distintos profesionais sen que o concurso fose obxecto de ningún recurso nin reclamación; existe un xurado; existe unha consignación orzamentaria para a redacción do proxecto técnico nas contas de 2009". Para o PSOE, a paralización só se debe a "subterfuxios e pretextos" do goberno, que demostran "a súa incompetencia e a súa inacción".

O PP: "A Xunta non parou ningún proxecto"

Representantes do PP comarcal, comandados polo Secretario Xeral do PP Provincial, Diego Calvo, reuníronse en Vimianzo para tratar o tema. A resposta do PP é a de acusar "ao Bipartito de paralizar a obra e de mentir ao afirmar que existía un convenio asinado para que a Xunta asumise o custo do proxecto".

Calvo apelou á "falta de responsabilidade" do Goberno Bipartito, e se aferra ao informe da avogacía do estado, que apunta carencias publicitarias na execución do Concurso de Ideas. "Chapuzas e irregularidades" son as palabras que utiliza o PP para definir a política do PSOE, demostrando tamén un uso curioso da linguaxe política. De igual xeito, criticaron a "doble moral" do mesmo Louro por "confundir á Costa da Morte".

De tódolos xeitos, Calvo subliñou a "total disposición da Xunta para que o Parador sexa unha realidade". Por iso, Calvo instou a todas as partes a sentarse e a buscar unha solución "desde o diálogo e o consenso".

A ver se é certo e ambos grupos se deixan de acusar ao contrario con tramas que non levan a nigures e tratan de buscar unha solución.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Comunicación PSdeG-PSOE.
  • Comunicado do PP Comarcal.
  • Finanzas.com: Louro insta a la Xunta a que cumpla los compromisos para hacer realidad el proyecto del Parador de Muxía.
  • Fotografía do MMA.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com