|

Xiro na comercialización do marisco da Costa da Morte para comezar este 2010. Dentro de pouco, o pósito cormelán, o que extrae os mellores percebes do mundo, que xa non de Europa, venderá percebeo pola rede através da web que agora serve para apuntar os detalles da Festa do Percebe: www.percebedoroncudo.com. Unha festa con sona en todo o país, como o demostra as 6.000 persoas que a disfrutaron este pasado verán. Un salto necesario, e máis ollando o momento onde as lonxas están en momentos delicados (véxase o caso da lonxa de Laxe). A imperiosa necesidade dunha lonxa comarcal, unida ao pouco costume de traballar como bisbarra, fan que a única saída posible sexa a rede. Venta por internet Xa hai grandes iniciativas de venta de peixe e marisco pola rede, como pode ser Lonxanet, que precisamente vén de recibir unha importante axuda da Deputación para que o proxecto de venta e fomento do peixe "sostible" e galego se afiance. Lonxanet foi un proxecto que nacía a cabalo entre Noia e Lira, con José Antonio García Allut, que hai pouco explicaba as bondades da Slow Food na Costa, á cabeza. Pero as propostas, hai pouco que acabamos de descubrir que se chama amarisco.com, empresa do Grove que acaba de dar o salto á rede. Eles enviábannos esta simpática foto. Distribución A distribución é o paso máis complicado que a confraría deberá asumir. Para iso, o patrón xa presentou un proxecto de tan só 12.000€ á Consellería do Mar. Deste xeito, o consumidor, xa restaurador ou particular, coñecerá a procedencia do produto, algo polo que leva loitando o sector anos e que segue sendo o grande cabalo de batalla do rexurdir da pesca do país. Agora tócalle ao consumidor responder con responsabilidade. Máis información Novas relacionadas Novas sobre O Roncudo Reportaxes Fonte
|