|

Onte, luns 4 de xaneiro, recén chegados co chuvasqueiro aínda posto, os 20 integrantes da expedición peregrina que partíu de Santiago hai 3 días, recibiron as primeiras muxianas deste 2010. Unha expedición na que participou o alcalde muxián, Félix Porto, dando o mellor exemplo posible para toda a poboación da Costa da Morte. Nós tamén podemos e debemos facer o Camiño de Santiago para comprender o que significa. Outro dos elixidos que se atreveu a percorrer o Camiño foi o historiador e antropologo Manuel Vilar (que vemos na foto de abaixo). Vilar vén de recibir o premio de investigación Rutas Xacobeas por un traballo sobre o Camiño de Fisterra-MUxía. Estas primeiras muxianas deste Ano Xacobeo foron entregadas tanmén polo presidente da Deputación, Fernández Moreda, que acompañaba ao propio alcade e mais á Concelleira de Cultura e Turismo, Amparo Baña. Esta iniciativa serve para dar a benvida ao Xacobeo 2010 e ao tempo reclamar atención sobre a prolongación do Camiño pola Costa da Morte -unha ruta que cada ano vai gañando en número de peregrinos- e o Santuario e as Pedras da Barca coma unha das fins da ruta Xacobea. Acto de promoción do Camiño a Fisterra - Muxía E seguindo cos acto de promoción do Camiño de Santiago a Fisterra - Muxía, este xoves 7 de xaneiro terá lugar un acto consistente na entrega ao popular “Zapatones” dunha capa elaborada polas artesás da Asociación de Amigos do Liño, cos símbolos da nosa prolongación do Camiño. Será ás 11:00 horas, no Salón Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Ademais dos alcaldes do Camiño, asistirán tamén o presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago e a presidenta da Asociación de Amigos do Liño, Carmen Riveiro. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|