Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A problemática do campo de fútbol de Cee chega á política  Correo-e
martes, 05 de enero do 2010

Image

A problemática do campo de fútbol de Cee, o agora chamado Campo de San Paio de Rofoxos (na imaxe durante a sesión de Campo a través deste pasado 2009), trascende do mundo deportivo. E chega, como todo, á vida política, a mesma que decidiu cambiarlle o nome de Novo Raíces. Hoxe é o BNG o que amosa a súa enorme disconformidade co goberno local no proceder en canto ao Campo de Futbol Municipal.

Nestes momentos, o terreo de xogo encontrase impracticable, é imposible xogar un partido alí, e os equipos do concello teñen que desprazarse por toda a bisbarra para desputar os seus partidos da casa. O Conco de Dumbría é o campo preferido polo equipo da 1ª Autonómica para sufrir o desterro.

Para o BNG o concello e incapaz de facer (como en tantas outras infaestructuras como depuradoras, estradas, aceiras, sumidoiros, etc...) un mantemento axeitado.

Por todo isto, o BNG pide unha actuación inmediata no campo para que os dous clubes, Cee e Pereiriña, poidan volver a disputar alí os seus partidos.

Menos subvencións

A crise acentúa ademais estes problemas e o goberno local xa puntou que recurtará nun 30% as subvencións a eses clubes. No caso do Unión Club Cee, o problema é, se cadra mais importante, xa que ten que desplazar aos seus rapaces de categorías inferiores, co risco que iso supón para nenos e pais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com