|
Novas protestas en Fisterra pola supresión do ISM |
Correo-e
|
|
martes, 05 de enero do 2010 |
|

Non quere a Costa quedar sen un servizo marítimo como o dos Institutos Sociais da Mariña. A nova protesta chega dende Asociación de Veciños “Costa da Morte”, da que o seu presidente José Fernando Carrillo Ugarte, acaba de presentar unha denuncia á propia Directora Provincial do ISM da Coruña. Para a asociación, a reestruturación do servizo do Instituto Social da Mariña nos portos da comarca, que proxecta a supresión da delegación dese Instituto en Fisterra, ademais de en Muxía e Laxe, émoi negativa para o sector. Así, e co apoio manifestado pola Confraría de Pescadores “Nosa. Sra. das Areas” de Fisterra, quere expresar o seu rexeitamento e oposición ante unha medida arbitraria e prexudicial para o sector polos motivos seguintes: - O porto de Fisterra é o de maior importancia polo volume de embarcacións e número de mariñeiros de toda a comarca e é un dos poucos municipios galegos dependente economicamente do sector pesqueiro en exclusiva.
- Obrigar aos mariñeiros e armadores a desprazarse a Corcubión para realizar calquera xestión é totalmente absurdo, por canto o número de afiliados ao ISM nesa oficina non chega á décima parte dos de Fisterra, ademais de non existir un servizo de transporte público coas frecuencias necesarias para facer viables os desprazamentos para facer ditas xestións. Non se pode obrigar ao desprazamento de varios centos de persoas en aras dunha pseudo redución de gastos cando, en realidade, esa non existe porque o local é propio dese ente público e o persoal seguiría sendo o mesmo en Fisterra ou en Corcubión.
- Non hai incompatibilidade para o uso da actual Casa do Mar co futuro Centro de Saúde, por canto anunciouse un acordo entre Portos de Galicia e o Concello para construílo en terreos de zona portuaria. De maneira que as oficinas e a aula para cursos do ISM poden e deben seguir no mesmo lugar prestando o importante servizo que veñen realizando desde hai varias décadas.
-
- Que esta entidade veciñal considera a supresión da Delegación do ISM en Fisterra sería un despropósito máis do conxunto de abandonos e deixacións en que, ao longo do tempo, sumiuse a este municipio polas distintas administracións.
Máis información
Novas relacionadas Fonte - Comunicado da Asociación Costa da Morte de Fisterra.
- Fotografía de Aymará Ghiglione.
|