|

Vén de saír do prelo o número de outono da revista trimestral de libros ProTexta, que se distribúe gratuitamente xunto co número de decembro da revista TEMPOS Novos e, ademais, coa edición do Diario de Bergantiños. Esta revista cultural trata esta edición de inverno de 2009 un tema que nos atinxiu na Costa da Morte, que por unha vez, estivemos na Vangarda de algo. E na vangarda da filosofía nada menos. Os Seminarios sobre Tiqqun puxeron Corcubión e a Costa da Morte no panorama filosófico actual do país. E Javi Turnes, organizador dos mesmos, e Ubaldo Cerqueiro, redactor deste dairio, puxeron o seu gran de area para levar a proposta ás páxinas da revista cultural. Javi Turnes realiza unah reflexión máis filosófica, describindo a "Traizón a occidente" que os pensadores do Comité Invisible están plasmando nos libros de Tiqqun. Pola súa parte Ubaldo Cerqueiro presenta un artigo máis xornalístico, destacando a inmersión na sociedade costeira desta novedosa proposta. Traeremos os textos de ambos para ollar a reflexión feita dende dentro. Aquí vemos unha escena da última sesión, a que nos aprendeu o "como facer". Tempos Novos Son varios os puntos de interese que trata a revista cuatrimestral deste inverno do 2009: - A escritora Rosa Aneiros e mais o historiador Eliseo Fernández conversan para ProTexta sobre o papel da literatura na recuperación da memoria histórica.
- O último número de ProTexta inclúe tamén entrevista a John Thompson, que publicou recentemente para Galaxia As novelas da memoria, ensaio sobre a presenza do golpe fascista e a confrontación cívica na narrativa galega actual.
- O apartado de narrativa abre coa última novela de Suso de Toro, Sete palabras, que acaba de chegar ás librarías. O xornalista Iago Martínez encárgase da recensión desta obra en que o autor vai á procura da lembranza do seu avó e, tamén, de si mesmo. Unha caste de terapia, por outra banda, para a memoria colectiva. Branco, a novela en que Manuel Darriba afonda na identidade e na violencia, centra a crítica de X. Carlos Hidalgo. O escritor Leo F. Campos fálanos da segunda entrega do que é xa considerado o best-seller en lingua galega, A praia dos afogados, de Domingo Villar. A poeta Helena de Carlos, pola súa parte, convida a internármonos en As sombras de Perseo, de Xoán Carlos Rigall, conxunto de relatos detectivescos situados no século XIX co mundo dos libros e a literatura de fondo.
- As tendencias do pensamento actual:O número de inverno de ProTexta recala no pensamento de Tiquun, grupo de novos pensadores europeos, sobre todo franceses, que analizan a sociedade dende dentro, dende o seu potencial de rebelión fronte ás estruturas de poder. Vangarda filosófica da que nos falan Javier Turnes e Ubaldo Cerqueiro, a raíz do seminario celebrado na Costa da Morte sobre o colectivo.
E moito máis neste número de inverno de Tempos Novos. Máis información Novas sobre os Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte Máis información Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|