Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Unha muller falece e outra está grave en sendos accidentes en Carnota  Correo-e
jueves, 07 de enero do 2010

Image

Un novo accidente de tráfico, e xa van uns cantos nas últimas semanas, cobrouse unha nova vida. Desta volta o tráxico suceso ocorreu en Carnota, no lugar da Españeira. Unha muller que se achegaba á parada de autobuses foi arrollada por un vehículo arredor das 7:00h da mañá. O suceso tivo lugar entre Caldebarcos e o Viso, nun tramo sen visibilidade ningunha da estrada AC-550, concretamente no quilómetro 20.

Informou o 061, que ao principio apuntaban que a muller estaba inconsciente. Pero dende o 112 enviaron membros da Protección Civil de Carnota e da Garda Civil e rapidamente informaron de que a muller falecera.

Outro atropelo en Carnota

Pero a mañá complícase en Carnota. Ás 10:38h houbo outro atropelo na estrada de Muros a Carnota AC 550, a altura de Lira. Unha muller duns 70 anos, que cruzaba por un paso de peóns, desta volta si con visibiulidade, foi atropelada. A muller, en estado grave, pero consciente, foi trasladada ao Hospital de Santiago. Dende o 112 mobilizouse o helicoptero con base en Compostela, o 061, Garda Civil e e Protección Civil.

Xeo en Mazaricos

A neve e as placas de xeo fan unha circulación moi perigosa tanto en Carnota coma noutros puntos da bisbarra. En Mazaricos, un home quedou atrapado polo xeo no lugar de Vilarcobo, na estrada AC-3404 en confluencia AC-230. 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • 112 Galicia.
  • La Voz de Galicia: Fallece una mujer atropellada en Carnota .
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com