|
Os Reis traen 114 novos viraventos a Dumbría |
Correo-e
|
|
jueves, 07 de enero do 2010 |
|

O Concello de Dumbría, o que xa chamamos no seu día exemplo de desenvolvemento "irrenovable", recibiu por Reis un novo regalo. Se xa está esperando unha nova ponte no río Xallas (esta no termo de Santa Comba) e está pendente dun par de centrais hidroeléctricas, agora tocan viraventos. Coa nova Lei, o concello dumbriés será o máis beneficiado, e contará nada menos que con 114 viraventos máis dispersados en 4 novos parques polo termo municipal. Xa son 4 encoros, 5 centrais hidroeléctricas (e 3 pendentes), 5 liñas de ata tensión, e máis de 100 megawatios de enerxía eólica... E non cansamos de dicilo, todas estas enerxías renovables, deixan de selo cando se pasa o límite, e cando os encoros e os viraventos forman a paisaxe no canto das árbores e dos ríos. Ademais, canto revirte na zona estas concesións? Pagamos menos os veciños de Dumbría pola electricidade? Temos un servizo mellor? Novas relacionadas Fonte
|