|

Fixeron os deberes os tres conxuntos que se están a xogar o título de liga, o que fai que as cousas sigan como estaban pero con tres puntos menos en xogo, 15. Aínda así, todo parece indicar que este fin de semana Soneira ou Zas dirán adeus ao entorchado ligueiro. Partidazo en Vimianzo entre ámbolos dous conxuntos, que ademais ten o aliciente do choque da primeira volta, onde o Soneira acabou con delegado, entrenador e 4 xogadores expulsados, entre eles Pichi, ao que se lle sancionou con 4 partidos e mermou o equipo de Vimianzo durante un tramo da tempada. Deixando xa tempos pretéritos e volvendo a actualidade, tan só queda esperar ao que poda suceder este sábado na gran batalla entre os dous perseguidores do líder. Seguro que os de Carballo estarán esperando un empate que lles deixe case que o título en bandexa. Aínda así, visto o sucedido o sábado pasado nas Eiroas, non debería de relaxarse moito o conxunto vermellón, pois tal relaxación case lle conleva a perda de puntos ante o Baio, equipo que non coñece a vitoria ata o momento. Moi meritorio o empuxe do conxunto baiés en Carballo, que tras ir perdendo por tres goles de diferenza puido firmar o empate nos momentos finais. Destacar o gran estado de forma de Valentín, que está a sobresaír nas últimas xornadas. En canto a Soneira e Zas, ningún dos dous conxuntos tivo problemas para desfacerse tanto de Corme e Camariñas respectivamente. A escadra de Santi gañou comodamente e tirando dun Pichi sobresaínte a un equipo visitante plagado de baixas e con moitos cadetes. Por outro lado, o Zas pasou menos problemas dos previstos no Hermanas Patiño, e tamén se desfixo fácil dun Camariñas que contaba con moitas baixas, xa habituais nos de Baña. Nas Rocheiras, desfacíase tamén con certa facilidade o Coristanco dun Porteño, onde parece, como era previsto, que a baixa de Mariolo non era a solución. Destacou o segundo gol local firmado por Alberto, que se disfrazou de Maradona e sorteu a todo aquel que lle saíu ao paso. Finalizou a xornada o día de Reyes, e o Muxía gañou con resultado tenístico a un Malpica que non levanta a cabeza, e onde parece que a mellor solución é que remate a liga e poder preparar copa cunha maior ilusión. Isto foi o que nos deixou a decimoterceira xornada ligueira, sen moitos cambios na táboa clasificatoria, cambios que de seguro haberá esta semana, pois Soneira ou Zas sairán derrotados na batalla vimiancesa. Veremos o que ocorre. Crónicas das Ligas Xuvenil Análise das Ligas Xuvenís Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|