|
Primeiras festas do ano no San Xulián en Seaia |
Correo-e
|
|
viernes, 08 de enero do 2010 |
|

Non podiamos esperar máis na Costa para celebrar a primeira verbena do ano. Esta fin de semana tódolos parrandeiros da Costa da Morte, que cada día van a máis no seu grupo do facebook, teñen unha cita na parroquia malpicá de Seaia. Alí a Asociación San Xulián organiza dende hoxe unhas festas para honrar ó seu patrón. E comezan esta noite de venres cunha gran verbena a cargo do grupo Triunfo e a orquestra Olympus. Xa o sábado 9, a festa comezará ben cedo, con pasarrúas da man dos gaiteiros da A.C. Malante. Os bailes de misa os amenizará o grupo Samba, que na verbena estará acompañado pola orquestra París de Noia. E xa o domingo as festas chegarán á súa fin con pasarrúas pola mañá coa A.C. Malante e a Banda de Música de Arteixo. Ás 12:30h haberá misa na honra a San Xulián cantada pola Coral de Malpica, e a continuación celebrarase a procesión. A nota musical a porán de novo a A.C. Malante e a Banda de Música de Arteixo. E na sesión vermú actuará a orquestra La Bámbola de Vilagarcía de Arousa. Para a tarde hai dende as 18:00h un obradoiro e inchables para os máis pequenos. E xa dende as 21:30h, fin de festa coa orquestra La Bámbola. Apuntar un dato de interese nestes fríos tempos que corremos, pois dende a Asociación San Xulián, encargados de organizar as festas, coméntannos que haberá unha carpa para resgardarse, i é que con este frío polar que estamos a padecer na Costa non hai moitas gañas de festa, pero cun cartel así como para pensalo... Novas relacionadas Fonte - Redacción de FRan Lago para QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|