|

Brusca subida do paro. Así o confirma o informe da UPD Pacto de Emprego da Costa da Morte do mes de decembro de 2009. Logo de analizar os datos dos 14 concellos que tomamos en conta da Costa da Morte, vemos un aumento de 335 persoas, o que supón un 5,41%. Xa son 6.196 veciños parados. Vemos no mapa (dunha marcada cor vermella) como 11 dos 14 concellos da Costa sofren un aumento de buscadores de emprego. Estas cifras supoñen un máximo histórico dos últimos 4 anos na zona. Obradoiros de emprego Unha das razóns que valoran dende a UPD é a finalización de varios obradoiros. Obradoiros que crean traballo temporal de mala calidade, que tratan de formar pero non sempre o consegue, e que vén a demostrar que son máis un parche que unha solución. Análise por concellos Ollamos exemplos como o concello de Dumbría, que sofre un aumento de 56 persoas, dato moi negativo. Máis grave se cabe dase en Malpica, con 73 novos parados. En Fisterra, 36 parados máis aos que hai que sumar os 25 que quedaron sen emprego o mes anterior. Zas pasa dos 40 novos parados, e Muxía, Vimianzo e Cabana, dos 25. Tan só o Concello de Carnota sofre unha forte baixada do paro, pero tamén é debido a un obradoiro co que estaremos nas mesmas dentro duns meses. Os que si manteñen as cifras son os concellos de Cee, Corcubión e Mazaricos, que non sofren esta acusada subida do paro. Variación por concellos | Concello | Parados | Variación sobre o mes anterior | | Cabana | 367 | +26 (+7,62) | | Camariñas | 671 | +17 (+7,25%) | | Carnota | 325 | -26 (-9,97%) | | Cee | 789 | -2 (-0,25%) | | Corcubión | 129 | +6 (+4,88%) | | Dumbría | 319 | +56 (+26,09%) | | Fisterra | 466 | +34 (+7,87%) | | Laxe | 323 | +15 (+4,87%) | | Malpica | 519 | +73 (+19,04%) | | Mazaricos | 300 | -2 (-0,66%) | | Muxía | 507 | +29 (+6,07%) | | Ponteceso | 439 | +26 (+6,30%) | | Vimianzo | 638 | +29 (5,11%) | | Zas | 404 | +42 (+11,60%) | | TOTAL | 6.196 | +335 (+5,41%) | Por sectores Nunha ollada comarcal vemos como no sector primario aumenta o paro todas as comarcas, agás Xallas onde non varía. Na industria destaca na forte subida de Muros e o lixeiro descenso de Xallas. Na construción, o incremento en Bergantiños, Fisterra e Soneira supera o 10%. O sector servizos compórtase algo mellor, con descensos en Xallas e Muros e a maior subida en Fisterra. En canto ao colectivo sen emprego anterior, o paro só aumenta moi lixeiramente en Fisterra e descende fortemente en Muros. Xénero e idade Informes do paro Novas relacionadas Fonte
|