Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
As novas Firmas QPC  Correo-e
viernes, 08 de enero do 2010

Image

En QPC queremos comezar este novo ano con novidades. E para iso queremos presentar a nova colección de colaboradores coa que contamos dende xa mesmo. Máis dunha ducia de personalidades da bisbarra que farán deste diario un punto de opinión referente na Costa da Morte.

Firmas QPC

Aos xa habituais José Luis Louzán e as súas Verdades como puños, Suso Lista (que voltará dende o seu Porto), ou Manuel Suárez Suárez (que segue enviándonos as súas crónicas de dende Lonxe de Montevideo), poderemos engadirlle persoas que realmente teñen algo importante que dicir:

  • Fran Hermida: a voz da bisbarra que dende a súa bitácora senxeito.eu plasmará as palabras no papel (ou na pantalla...).
  • Víctor Castiñeira, o historiador ceense volverá a comezar co seu repaso fantastico polas historia da bisbarra en Que pasou na Costa.
  • Jose Marcote, especialista en micoloxía a nivel peninsular co que comezaremos unha andaina polo monte costeiro recollendo os mellores cogumelos.
  • Javi Turnes, profesor de filósofía da Costa traerá a súa Escapadura.
  • Serxio Iglesias, profesor de galego, traeranos as súas Historias nómadas.
  • Xabier García, dende Laxe, traenos unha dose de Democrapatía.
  • Angel e Miguel M. Moar comezan xa cos seu Relatos da Costa nun Século máxico.
  • Mario Rodríguez Gómez daranos uns apuntes sobre Ciencia e Tecnoloxía.
  • Jano Lamas, grande coñecido pola súa afección á historia, porá o seu gran na difusión do noso patrimonio cultural, etnográfico e histórico.
  • Xoán S. Pazos, estudiante de filoloxía, que nos amosará dende o Promontorio Nerium, o seus complexos estudios de investigación tamén en clave histórica e só "Cando ronca o vendaval".
  • Xoan Marcos Traba, ou o gran Jaki Dj da radiONeria, será o encargado das críticas musicais.
  • Xosé Manuel Varela Valela, este filólogo amante do acordeón, traballará tamén aquí pola recuperación das tradicións máis senlleiras do país.
  • QPC tamén no deporte

    E non podemos deixar de lado aos nosos colaboradores do deporte da Costa. Son moitos os nomes que fan posible que QPC sexa o punto de encontro de todo o noso deporte, comezando polo fútbol e rematando na petanca. Baloncesto, balonmán, hoquei, surf, remo, vela, atletismo, voleibol, piragüismo, judo, tenis, xadrez... unha morea de deportes e de protagonistas que nos fan chegar as súas andainas. Queremos agradecer a disposición de todos aqueles que nos mandan as crónicas das súas actuacións, que fan posible que que toda a Costa sexa consciente do noso potencial.

    Pero queremos facer especial mención aos que fan de QPC un dos puntos de encontros do Fútbol da Costa. A todos aqueles que mandan as crónicas dos seus encontros, tanto da Liga da Costa, como da 3ª, ou dos xuvenís. Gracias a todos.

    E gracias especialmente aos nosos compañeiros, a eses Manuel Varela, Guillermo Parga, Alberto Pose, José De la Sierra e Darío Domínguez, que reflexionan cada semana sobre o ocorrido en todas as categorías do noso fútbol.

    E por certo, agardamos que en breve, desta volta, se cadra si, poidamos darlle unha volta ao diario e poidamos presentar o novo deseño.

    O equipo de QPC e o de Galinus queremos darvos as gracias a todos os que estades aí, e facedes posible que este proxecto siga adiante

    Image

    E xa saben, na portada queda este banner, que enlazará ás columnas de opinión dos nosos colaboradore.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com