|

Poucos lembran unha estampa coma esta. Facía máis de 10 anos que a Moa non amencía nevada (outros apuntan máis de 20 anos), pero nin os máis vellos do lugar lembran unha cousa así. Ata 20 cm de neve nalgúns puntos do mirador do de San Mamede (vese na foto da subestación eolica de Paxareiras, en Louredo-Carnota, na primeira) toparon os atrevidos que se achegaron ata alí. Como Manuel Casais, que subíu dende a vila do Pindo arredor das 9:00h da mañá e as folerpas de neve eran das das películas, non desa auga neve á que si estamos acostumados. 



Estradas cortadas A Policía Local pecha a estas horas aínda a estrada das Paxareiras que vai a Santiago. E moitas outras da zona están complicadas pero agárdase, que cos traballos dos efectivos, que están a botar sal en moitas estradas para licuar o xeo, a media tarde estean as estradas abertas. Con todo, a precaución ao volante segue a ser fundamental, porque aínda que non haia xeo, os regatos estarán cheos en canto comece a desconxelar toda a neve que hai aló enriba. De feito, os coches non eran capaces de dar a volta cando se cortaba a estrada... E xa saben, agardamos as vosas brancas fotos en
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
que queremos compartir estes momentos con toda a bisbarra. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografías de Manuel Casais.
|