|
lunes, 11 de enero do 2010 |
|

Seguimos amosando as postais máis fermosas da nosa bisbarra vestida de branco. Agradecemos encarecidamente aos que nos fixestes chegar as fotos das vosas zonas e instamos ao resto de lectores que fagan o mesmo. Agora viaxamos ata Zas, dende o Braulio do Follente, nos envía estas imaxens da nevarada en Follente, en Zas. Podemos ver a Capela de San Roque, na primeira foto, O Rieiro na segunda, a mesma aldea de Follente na terceira e abaixo de todo, o cruce de San Roque, que tiña esta esvaradía pinta para afrontala con moito coidado… 

Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografías achegadas por Braulio de Follente.
|