|

As condicións metereolóxicas están bravas nos últimos tempos na Costa da Morte. Se acabamos de deixar a neve, algo que non veíamos na última década, estas dúas últimas noites recibimos imaxes dos desfalcos que deixou o tornado ao seu paso pola zona. Tamén salientables dos fortes ventos de máis de 140 km/h que se sufriron en zonas como Vimianzo. Por Muxía, a caída da electricidade en moitos puntos creou problemas na zona. E sen ben é certo que o ciclón colleu desprevenido aos metereólogos, e a Xunta niso non ten a culpa, curiosas son as paralizacións das clases en todo o país certos días e outros non. Na Armada de Cee Tamén recibimos imaxes do destrozo realizador por esta árbore na zona da Armada, en Ce. Unha árbore pouco menos que centenaria, destas dimensións que apreciamos, caían enriba dunha casa dunha casa polo que as grúas dos bombeiros tiveron que poñerse a traballar. 
En Quilmas Aquí podemos ver unha mostra do destrozo que fixo o ciclón no invernadoiro da Leira Grande de Quilmas, da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa. O ciclón arrasou co plástico do teito do invernadoiro e coa forza arrincou os pilares e os cimentos da estructura de ambos laterais (dirección Oeste- Leste). Este é o espacio onde cultivan os tomates e pementos no veràn e agora estaban a sementar a xudía. Cóntanos dende Quilmas que tamén levantou toda a maia antiherbas e o sistema de rego que ía por baixo, a ras do solo. Os apuntes de Extensión Agraria afirmaron que pola zona de Esteiro tamén sufriron problemas. A sebe de Leilandi tamén sufriu danos, e hai coma unha ducia de árbores caídas, algunhas sobre terreos veciños.  Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografías de Quilmas cedidas por Lucía e Xosé Manuel, da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa S.Coop.G.
- Fotografías da Armada de Marcos Rodríguez.
|