|
Xa está aquía a Homenaxe polo 50 Aniversario do afundimento do Bonito. Este domingo 17 de xaneiro de 2010 comezan as actividades en torno a este emotivo naufraxio, que servirá de homenaxe a todos os mariñeiros fisterráns vítimas do noso mar. Programa Domingo 17 de xaneiro Ás 18:00h na lonxa celebrarase a inauguración desta Homeaxe aos mariñeiros, no que intervirán: - As familias afectadas;
- O alcalde de Fisterra, José Manuel Traba;
- O Patron Maior da Confraría de Pescadores, José Manuel Martínez "Manolete";
- Alexandre Nerium, poesta fisterrán.
Ademais descubrirase unha placa conmemorativa e unha ofrenda floral mentres canta o coro parroquial. Luns 18 de xaneiro Ás 19:00h na Igrexa da Sta. María das Areas terá lugar o funeral polos falecidos no Bonito, cunha misa cantada. Do 17 ao 31 de xaneiro Exposición de fotografía adicada ao pesqueiro O Bonito. Na lonxa e en horario de tarde. A historia do bonito O vapor pesqueiro naufragou o 18 de xaneiro de 1960 na Costa da Morte, pénsase que puido ser entre o Cabo da Nave e a praia da Arnela, como apunta neste mapa creado por Xoán Silva Pazos, dende o seu blog Promontorio Nerium. Nel desapareron once homes do municipio, que deixaron ás súas costas 32 rapaces orfos. Este pesqueiro adicabase a pesca de palangre de pescada e ese día, arredor das 7 da mañá, saíu coma un día máis en busca do pan dos seus fillos coa intención de regresar ás 15:00h da tarde. Pasaron as horas e os seus tripulantes non chegaban aos seus fogares o que inquietou ao seu propietario e a xente do mar fisterrán. Esa mesma noite unha “vaca” saíu do porto en busca deles a percorrer a zona na que se supón que ía faenar o “Bonito”. Na mañá do 19 saíron de Fisterra 5 barcos máis, que atoparon á altura de Muxía os restos dun aparello de pesca e unha prenda de roupa de auga dun pescador. Aí foi cando se decataron da lamentable nova que ninguén esperaba. O barco, propiedade dos sobriños de Matías Canosa, ía patroneado por Ramón Trillo Lisancos, casado e con tres fillos menones. Como motorista, Juan Fernández Marcote, con catro fillos e como mariñeiros: Fidel López Traba, Manuel Rivera Calo, Juan Lago Domínguez, o seu irmán Ramón, Francisco Santamaría Canosa, Juan López Domínguez, Juan Traba Trillo, Agustín Rivas Domínguez e Manuel López López, todos veciños da Vila do Cristo. Máis información Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Fisterra.
- Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|