Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Muxía estudia o seu Camiño  Correo-e
viernes, 15 de enero do 2010

Está quente nos últimos tempos o asunto do Camiño Xacobeo ata Muxía. Dende QPC non queremos afondar na petición dos veciños fisterráns do peche da ruta xacobea ata Muxía, e se ben entedemos que a Fin do Camiño, e a Fin do Mundo, só hai unha inexcrutablemente, as sinerxias que se poden chegar a sumar entre Fisterra e Muxía con todo esto do Camiño poden ser máis que positivas para a Costa da Morte.

En canto a datos históricos sobre a Ruta ata Muxía, o mesmo Víctor Castiñeira se sorprendía da existencia de ducias de datos tras estudiar o asunto e preparanos o seu artigo Das peregrinacións a Fisterra e Muxía, de obrigada lectura para calquera valoración.

Outro experto na materia, Manuel Vilar, que acaba de gañar un premio por un traballo de investigación Rutas Xacobea, participará nas xornadas. Ademais de Vilar participarán outros expertos galegos e de Salamanca analizarán a situación do camiño muxián.

A cita destas Xornadas: Muxía no Camiño de Santiago será os próximos días 16 e 17 de xaneiro, e terán lugar no Albergue de Peregrinos de Muxía. Estas xornadas están organizadas polo Concello e pola Asociación de Turismo Rural "Muxía Natural", e coa colaboración da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago.

Con estas xornadas continua o traballo de promoción da ruta xacobea que discorre pola Costa da Morte e que xa iniciaron o Alcalde Félix Porto e a Concelleira de Cultura, Amparo Baña, dando a benvida ao Xacobeo 2010 percorrendo o Camiño desde Santiago ata Muxía acompañados por veciños e veciñas do concello.

Programa das Xornadas: Muxía no Camiño de Santiago

Sábado 16 de xaneiroImage

  • 10:15 h.: Inauguración das xornadas por parte da Concelleira de Cultura de Muxía e autoridades convidadas.
  • 10:30 h.: Mesa redonda Muxía no Camiño de Santiago , cos seguintes relatores:
    - D. José Antonio de la Riera (presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago).
    - D. Antón Castro (profesor, historiador e crítico de arte)
    - D. Antón Pombo (doutor en Historia, xornalista e investigador do Camiño).
    - D. Manuel Vilar, historiador e investigador do Camiño.
    - D. Manuel Pan, presidente da Asociación de Profesionais do Sector Turístico de Costa da Morte.
    - Dna. Raquel Carregal, propietaria dun albergue de peregrinos privado en Arzúa.
    - Moderador: Jesús Trillo
  • 12:30 h.: Espiritualidade no Camiño de Santiago cos seguintes relatores:
    - D. Agustín Dosil (catedrático e presidente da Archicofradía do Apóstolo).
    - D. Jenaro Cebrián (Delegado de Peregrinacións do Arzobispado de Santiago).
    - D. Blas Rodríguez, párroco e rexente do albergue parroquial de Fuenterroble (Salamanca).
    - Moderador: D. Javier Porro: Delegado Diocesano de Xuventude do Arzobispado de Santiago.
  • 14:00 h. Acto de clausura coas autoridades convidadas e o Alcalde de Muxía.
  • 14:30 h.: Comida.
  • 17:30 h.: Concerto do Coro de Urdilde, no Santuario de A Barca.
  • Exposición de artesanía

    Ao longo da xornada, no albergue de peregrinos permanecerá aberta a exposición Artesanía no Camiño cos artesán e artesás:

    • Carmen Riveiro (artesanía do liño, de Baio-Zas)
    • Nacho Porto (cerámica de Carnota)
    • Carmen Isabel (oleiría de Buño)
    • Viki Rivadulla (bonequeira de Muxía)
    • José Ignacio Sambad Luaces (maquetas, de Muxía)
    • Coque Toba (artesanía do coiro, de Muxía)
    • Piero Perisic (marquetería, de Muxía)
    • Asociación de encaixeiras de Muxía (encaixe de palillo).

    Domingo 17 de xaneiro

    • 9:00 h.: Marcha polo tramo do Camiño desde Vaosilveiro ata o Santuario da Virxe da Barca. (ás 8:00 saída do autobús da porta do Concello ata Vaosilveiro)
    • 13:00 h.: Misa e ofrenda no santuario da Barca.

    Novas relacionadas

    Máis novasz

    Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com