|
Aparatoso accidente dun camión de Ferroatlántica en Brens |
Correo-e
|
|
viernes, 15 de enero do 2010 |
|

Un novo accidente tivo lugar esta tarde de venres 16 de xaneiro de 2010. Un camión con material de Ferroatlántica, que baixaba da fábrica de Dumbría cara a de Cee, perdeu o control e cae ao río a altura de Raso, xa chegando a Brens. Afortunadamente non houbo máis que danos materiais, e o condutor tan só resultou ferido cun corte na fronte, e foi trasladado ao HVdX. Acodiron á cita Atestados da Garda Civil de Corcubión, a Policía Local de Cee, Protección Civil. Como podemos intuir vendo as espectaculares imaxes de Marcos Rodríguez, o máis complicado está sendo a recuperación do vehículo. Faise necesaria unha grúa de plataforma, e é posible que os traballos queden pendentes ata a mañá do sábado. 

Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|