Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Rede de Dinamización segue achegando a internet aos veciños de Camariñas  Correo-e
lunes, 18 de enero do 2010

Image

Presentaba a Rede de Dinamización o seu programa para xaneiro en Camariñas. Unha rede que continúa fidelizando á familia palilleira coa internet, no único proxecto da bisbarra da rede que realmente está chegando á cidadanía. Detrás da pantalla está Óscar Clapés, verdadeiro artífice de que as xentes de Camariñas (todas unhas internautas iso si, non hai máis que ver a cantidade de blogs que hai no concello) se involucren nas aulas, con clases de verdadeiro interese para a sociedade da zona.

Así, no mes de xaneiro continúa o programa de achegamento ás Novas Tecnoloxías. Fíxense nas temáticas dos obradoiros tan achegadas ás nosas necesidades básicas. É aí a chave de que teña sentido un servizo destas características, Os obradoiros que se están a desenvolver e as datas nas que teñen lugar son os seguintes:Image

  • “Trámites coa administración pública”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de realizar desde a súa casa diversos trámites administrativos sen necesidade de desprazarse até o organismo correspondente. Desenvolvéronse os días 11 e 12 de xaneiro.
  • “Iniciación a Internet”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de utilizar de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet. Este obradoiro realízase de luns a xoves de 18:00 a 20:00, desde o 13 ata o 21 de xaneiro.
  • “Blog, participa en internet”: O usario/a será capaz ao finalizar este obradoiro de crear e manter o seu propio blog. Desenvolverase de luns a xoves de 18:00 a 20:00, do 25 de xaneiro ao 4 de febreiro .

Máis información

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Camariñas, sito no 1º andar do Centro de Iniciativas (ao carón do centro de saúde), na rúa do Río do Prado, s/n, chamar ao teléfono 981.736.506 ou mandar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Image 

Directorio de empresas na web

Noutro eido de cousas, o concello quere recoller as empresas na web municipal. Así, a Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Camariñas, está levando a cabo un programa de recollida de información sobre empresas do concello co fin de detectar as necesidades destas para poder mellorar o servizo de asesoramento e apoio ás mesmas e realizar a promoción das mesmas ao través da web municipal www.camarinas.net.

Para este fin, nestes meses unha enquisadora da empresa Abertal coa que se desenvolve este programa de dinamización, pasará polas empresas de camariñas recollendo os datos básicos para a realización dun directorio que estará á vista pública nun portal de Internet propiedade do Concello ademáis de aparecer tamén nas publicacións que o Concello realice para este fin.

Con esta iniciativa calquera cidadán ou turista poderá localizar calquera empresa do Concello promocionando os productos e servizos aos que se dediquen. En definitiva, mellorará a promoción económica do Concello e facilitará as transaccións comerciais e captación de nova clientela.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Nota de prensa da man de Óscar Clapés, Dinamizador da Sociedade da Información.
  • Nota de prensa da ADLn do Concello de Camariñas, María Jiménez Sánchez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com