|
Corcubión estimula aos seus maiores |
Correo-e
|
|
lunes, 18 de enero do 2010 |
|

Dentro das actuacións levadas a cabo dende a concelleria de Servizos Sociais do Concello de Corcubión no fomento das políticas de igualdade, desenvolverase, coa subvención da Deputación Provincial de A Coruña, o "II Programa a Prol do Emprego". A actividade que terá lugar desta volta será o curso "Estimulación Cognitiva na Terceira Idade", destinado a todas aquelas mulleres que busquen traballo na área obxecto do curso ou xa estean traballando na mesma. E por certo, hoxe luns 18 remata o prazo de inscrición para o Curso de Prevención de Riscos Laborais na Construción. Charla sobre o GDR Este martes 19 de xaneiro de 2010, a Casa do Concello de Corcubión acolle ás 21:00h unha charla sobre o Programa LEADER. A charla será a cargo do xerente do “GDR-Costa da Morte”, José Antonio Vila, e falará sobre o Leader a a súa filosofía, liñas de financiamento de proxectos e porcentaxes, solicitudes e prazos, tramitación, etc. Novas relacionadas Máis novas Fonte - Notas de prensa do Concello de Corcubión.
|