Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
"A pesar dos atrancos, o Consorcio estará listo antes do verán"  Correo-e
lunes, 18 de enero do 2010

Image

Xa o anunciabamos esta pasada semana, e así o facía público o Vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar: "A pesar dos atrancos, o Consorcio estará listo antes do verán". Cabe lembrar que a razón da expedición do sector turístico da Costa da Morte que viaxou a Cataluña a pasada semana, facíao precisamente para iso, para tomar nota das sinerxias empresario-administración en entidades de xestión como o Consorcio.

Villamar afirmou que "xa hai estatutos enriba da mesma, e xa está en marcha o proceso burocrático. Esto é pois o comezo dunha "nova historia" para o turismo da Costa, pero con todo, quixo deixar ben claro que o Consorcio non será a panacea: "o Consorcio é un medio, non un fin en si mesmo". E sobre o Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte (PDT), que desenvolveu a Deputación, Villamar destacou que "serviu sobre todo para empezar a decatarse, a través da APTCM, da necesidade de crear paquetes turísticos". Que xa é un paso.

Cales son estes atrancos? Foi sinceiro o vicepresidente e non calou que no seo da deputación calou fatal a resposta da Xunta de non formar parte do Consorcio de Turismo, logo de terse compromteido a aportar un 33% do orzamento.

De tódolos xeitos, Villamar destacou a ilusión e a autoconfianza (valores pouco galegos) que está cobrando o sector para conseguir ese aproveitamento do recurso costeiro que permitirá facer do turismo outro motor económico da Costa da Morte. Con sentidiño, iso si.

"Paradores é un mundo"

Preguntámoslle a Villamar polo Parador, i é que nunha das reunións cos membros do Consorcio do Paisatges del Ter, alí concluíran que o Parador non se notou como "elemento dinamizador do turismo da zona". Para Villamar o Parador "pode cubrir un turismo de calidade, que logo pode aproveitar o sector privado para crear novos hoteis de 4 ou 5 estrellas".

Pero matiza: "Paradores é un mundo". Así, non cre que vaia solucionar a vida do sector, pero tampouco pensa que haia que darlle a espalda. Para Villamar Parador é "unha promoción máis", "pero hai paradores con reservas cubertas a un ano vista, e outros que non cubren gastos". "As cousas non se solucionan cunha cousiña soa", afirmaba,.

Recursos diferentes

Dúas cousas pódense entender coma recursos. Pero nós quedámonos coa cantidade de posibilidades que temos na Costa para vender a nosa bisbarra. Logo de ver como explotan os seus recursos os cataláns, o sector costeiro volveu moi ilusionado, xa que a Costa da Morte ten infinitamente máis cousas que as zonas visitadas do Paisatges del Ter e a Comarca do Maresme. Iso si, o que non temos é "sol y playa", pero tampouco o queremos.

Porque no que temos que fixarnos en todas aquelas diferencias que nos fan singulares, en todas aquelas cousas que son tan nosas que ás veces non valoramos, pero que as xentes queren coñecer. Ese rural auténtico, esas señoras de negro sachando na hora ou coa vaca de volta pola estrada... Pero sobre todo, ese paisaxe, ese patrimonio natural tan virxe e tan valioso, que é o noso verdadeiro tesouro.

Villamar teno claro co clima: "temos o clima que temos, pero en londres non se queixa ninguén", asegura con firmeza. De feito, en varias ocasións puxo un exemplo dun coñecido, que lle falaba marabillas do tempo na Costa cun simple argumento: "Na Costa da Morte pódese durmir", non coma no sur da península...

A lacra da segunda vivendaImage

Outro dos detalles negativos que destacou Villamar foi a existencia da segunda vivenda. Santa Susana foi un dos exemplos dos que participou o sector, pequena vila da costa do Maresme, e malia non ser exemplo de case nada (3.3000 habitantes e 14.000 camas) si que tomaron a determinación de eliminar o solo industrial e a posibilidade de construir segundas vivendas. Así asegúraste non ter pisos baleiros en inverno, e cheos en verán que, ás veces, deixan máis desperfector que riqueza na zona.

Ademais e nesta liña, outra das ideas que campou pola expedición foi a necesidade de "cobrar por todo". Soa mal, pero moitas veces é o único xeito de qu e o turista valore os detalles.

Orzamentos

Semellaba que non son moitos os recursos económicos cos que contará o Consorcio da Costa da Morte. Pero ollamos con o Consorcio do Paisatges del Ter conta a priori, cun tercio do presuposto prantexado, a priori, para o noso ente de xestión. Que se aprendeu? "Con poucos recursos económiocos, son capaces de xerar produto e de vendelo con autoestima e confianza", sinalaba Villamar.

O Consorcio da Costa da Morte contará cun presuposto de 300.000€ para promoción, para gastos fixos, e algunhas actividades concretas. A Deputación aportará boa parte do orzamento; os 17 concellos (Carnota, Santa Comba e Mazaricos), "con boa resposta", outra parte, e sector privado aportará o 20%. "O Problema de que a Xunta marchara e iso que tiña prometido un 30%", reitera Villamar.

Para comparar, polo Ter traballan con 90.000€ de orzamento anual polo que as posibilidades son enormes.

Novas relacionadas

Novas da viaxe a Cataluña

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com