Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A mocidade de Laxe queda sen Noitebús  Correo-e
martes, 19 de enero do 2010

Image

O Noitebús xa se converteu nun elemento fundamental no lecer de moitos mozos e mozas da Costa cada fin de semana. A posibilidade de desprazarse aos lugares de marcha deixando o coche na casa e a un prezo baixo, atrae cada noite de festa a boa parte da mocidade da bisbarra.

Pero o que a priori é un servizo moi útil e necesario, pode rematar por desaparecer, como aconteceu en Laxe. A ruta de Noitebús que percorre o norte da Costa, polos concellos de Malpica, Cabana e Laxe, ata chegar a Ponteceso, eliminou do seu traxecto a finais do pasado ano a súa parada en Laxe logo de varias noites de altercados.

Os condutores da liña, pertencentes á Compañía Metropolitana de Transportes, denunciaron unha serie de actos vandálicos por parte de varios usuarios con subida e baixada en Laxe. Segundo apuntan, a viaxe de volta á Laxe, ás 06:00h da mañá era moi desagradable, pois a combinación de vandalismo e ebridade, provocaba que algúns suxeitos abandonaran o autobús convertido nunha desfeita. A empresa denuncia que hai quen ó remate da viaxe deixaba dentro do vehículo restos do botellón, como vasos ou botellas rotos, e mesmo quen vomitaba ou ouriñaba. Tamén apuntan desperfectos en apoiacabezas, tapicería e luces individuais ou mesmo sustracción de fundas.

Ante esta perspectiva os responsables do servizo optaron por eliminar do percorrido a parada en Laxe. Deste xeito, a mocidade laxense vése na obriga de recurrir ó coche particular ou ó taxi para achegarse nas noites de marcha ata Ponteceso. Non obstante, hai quen recurre ao autostop.

Recuperando o servizo

Hai quen queda sen Noitebús pero tamén hai quen quere recuperalo. É o caso da vila de Cee. A pasada semana un grupo de hostaleiros da vila da Xunqueira mativeron unha reunión co alcalde, Ramón Vigo, para demandarlle o servizo de Noitebús para a localidade coa intención de que Cee rexurda en clave de festa nocturna. Piden os hostaleiros unha ruta que parta de Muros e outra dende Camariñas, con chegada a Cee. O alcalde aseguroulles ós hostaleiros que vai trasladar a petición á Xunta, pero non hai que esquecer que Cee quedou sen Noitebús no seu día por falla de usuarios.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Fran Lago para QPC.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com