|
A radiONeria amosa o talento musical do país |
Correo-e
|
|
martes, 19 de enero do 2010 |
|

Nestes tempos nos que semella que o galego deixa de ser un elemento de riqueza e identidade para converterse nunha moeda de cambio, na Aí está a radiONeria queren facer público o seu sólido compromiso co país, as súas xentes e os seus quefaceres. E qué mellor xeito de facelo que cedendo un espazo nas ondas a tódolos grupos galegos que conforman na actualidade o panorama musical na nosa terra. Así naceu o bloque de "Música Jalleja Dajora", un tempo para todo tipo de sons que se fan hoxe en día nesta parte do globo. Grupos como Heredeiros da Crus, Som do Galpom, Ataque Escampe ou Dios ke te Crew, entre outros moitos, soan cada día na radiONeria. Podes escoitar Música Jalleja Dajora: - De luns a xoves, de 18:00h a 19:00h.
- Os sábados e domingos, de 15:15h a 16:00h.
Fonte e máis información Novas da radiONeria Novas relacionadas
|