Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Muxía reflexiona sobre o Camiño  Correo-e
martes, 19 de enero do 2010

Image

A historia e o futuro da Prologación Xacobea a Fisterra e Muxía foron aos protagonistas da xornada de reflexión que organizaba a Asociación Muxía Natural no albergue de peregrinos, coa colaboración do Concello de Muxía e á Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago. Unhas xornadas que veñen nun momento importante, cando tanto por Muxía como por Fisterra andan a volta coa Fin do Camiño.

Moitos foron os especialistas que participaron na sesión, como Antón Castro, Antón Pombo ou Manuel Vilar. Tamén estivo o alcalde Félix Porto, quen non agardaba unha acollida así. Varios os puntos de interese sobre os que se centraron os relatores. O patrimonio inmaterial foi o centro de atención do crítico de arte Antón Castro. Un Castro que tamén falou da cristianización de Muxía a través do asentamento monacal, vocábulo que dá nome ao municipio (monxía, mongía, muxía).

Antón Pombo, ex presidete da AGACS, escritor, xornalista e gran estudioso do Camiño, reflexionou sobre as posibilidades económicas do Camiño e propuxo a creación dun Centro de Interpretación da Barca.

José Antonio de Rísea, presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, tirou para casa e deixou ben claro que o Camiño de Santiago termina na catedral, se ben recoñeceu a existencia na Idade Media da Prolongación a uxía e Fisterra.

Outro muxián, Manuel Vilar, que vén de recibir un pmio de investigación sobre o Camiño relacionou turismo con desenvolvemento local a través da reciclaxe do rural agrario en turismo rural. Vilar apuntou un novoa vía para o Camiño, propoñendo que pase pola Igrexa de Moraime (vemos un detalle na imaxe).

Na súa labor, o presidente de APTCM, Manuel Pan, considera o Camiño a Fisterra e Muxía, como un produto, con todas as súas consecuencias. Raquel Carrregal foi a encargada de darnos a visión da repercusión na economía das localidades polas que discorre o Camiño. Ela montou o albergue de peregrinos Ulteria en Arzúa, con cafetería incluída.

Pero tamén estaban presentes os representantes do Arcebispado de Santiago desprazásense a Muxía, o que reflicte que a postura da Igrexa sobre a prolongación está cambiando. Jenaro Cebrián, delegado de peregrinacións, falou distendidamente, e en confianza, da súa vinculación coa Costa da Morte e das súas percepcións sobre a experiencia espiritual dos peregrinos.

Javier Porro foi o moderador, e como complemento aos relatorios, o salón de actos do albergue mostrou tamén a exposición Artesanía no Camiño, na que puideron verse as manualidades do liño, o encaixe, cheiraríaa, muñequería, maquetas, coiro e marquetería.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte e máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com