|
O Concello de Muxía xa presentou os gañadores do Concurso de Contos de Nadal. Foi Noelia, de 5º curso do C.E.I.P. Vilarmide, a galadora do 1º premio, co conto "A rapaza e a boneca", que traemos hoxe aquí. Pero ademais Sara Sambad, do CEIP Muxía, con "Un Nadal no bosque", e Daniela Castiñeira, dos Muíños, con "O oso, a cebra e o león" tamén recibiron o seu premio. "A rapaza e a boneca, por Noelia Unha vez una rapaza chamada Helena estaba paseando coa súa nai e avoa, viu nun escaparate una boneca e gustoulle moito. Ao día seguinte levantouse almorzou e dixolle a sua nai. - Mamá, quero aquela boneca que estaba no escaparate. A que vin onte no pobo da avoa.
A nai respondeulle: - So faltan tres meses para o Nadal, e podes pedila a Papa Noel.
A nai foi para o seu traballo coa mala sorte de que rompeu una perna. Estivo dous meses sen poder ir a ningún lado. Helena nese tempo contoulle as súas amigas da escola cal era o regalo que lle gustaba para o Nadal. Díxolle, que era una boneca, tiña os ollos azuis, o pelo rubio e rizado a camiseta de cor roxa, a falda de cuadros roxos e azuis, uns pequeniños calcetíns brancos e uns zapatos roxos. Tamén lles dixo que cando viu a boneca parecía que miraba para ela e sorría. As amigas quedaron moi sorprendidas e querían ver a boneca. A rapaza dixolle moi contenta e feliz: - Traereina cando comencé a escola despois do Nadal.
Pasou o tempo e a súa nai curou. Faltaban catro días para o Nadal colleu o coche e foi o pobo a buscar a boneca. Pero a boneca xa non estaba. Intentou comprar outro igual pero non había. A empregada dixolle: - Era una boneca moi especial porque era feita a man e era única.
A nai volveu a casa moi triste. Chegou o Nadal e Helena correu a abrir os regalos. Pero a boneca non estaba. Chorou moito e non quixo comer. A tarde a súa nai dixolle a Helena que ian ver a súa avoa o pobo. Helena non quería porque estaba moi triste pero decidiu ir porque facia moito tempo que non a visitaba. Cando chegou a casa da avoa dixolle. - Teño un regalo debaixo da árbore.
Non tiña moitas ganas de abrilo porque estaba triste, a súa nai mandoulle abrilo. A súa sorprsa foi grande era a boneca! Helena dixolle a súa avoa: - Como sabías que quería esa boneca? A avoa contestou:
- As avoas sabemos leer a ledicia dos nenos na cara. Porque a última vez que viñeches a verme, vin o contenta que estabas cando viches a boneca no escaparate, xa sabías que a querías.
Helena deulle un bico a súa avoa e marchou moi contenta para a súa casa. - Noelia (5º C.E.I.P. “Vilarmide”)
Novas relacionadas Fonte
|