Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Zas aprende galego  Correo-e
miércoles, 20 de enero do 2010

Image

Coñecido é o coidado da lingua no seo do Concello de Zas. De feito hai unhas semanas coñecíamos bitácora do Servizo de Normalización Lingüística de Zas. Así non desaproveitará a oportunidade que brinda a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que vén de convocar para este ano un total de 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga). Así o Concello xa prepara dous cursos paraa este ano 2010.

Unha problemática, a da lingua, que segue en boca de todos. Estes días coñeceremos o posicionamento da Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte, que este xoves 21 de xaneiro participará ás 11:30 na folga xeral do Ensino.

Datas

A convocatoria vai dirixida a particulares (adultos), colectivos, entidades e/ou organizacións que conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas para asistir aos cursos. O Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ten previsto solicitar dous cursos:

  • a) Curso de Celga 3: De abril a maio.
  • b) Curso de Celga 4: De setembro a novembro.

Prazo de preinscrición

O prazo para realizar a preinscrición remata o vindeiro 24 de febreiro, e na petición deberán constar: nome completo, DNI, número de teléfono de contacto e nivel de coñecemento da lingua galega que posúen, ou o curso Celga que desexan facer.

As persoas interesadas ou as que teñan algunha dúbida acerca dos cursos Celga ou das súas validacións, poden poñerse en contacto co SNL (Casa do Concello, Praza do Campo, núm. 1, Zas), a través do teléfono 981 708 303, ou visitar o blog do SNL do Concello de Zas (http://snlzas.blogaliza.org)

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Técnico de Normalización Lingüística do Concello de Zas, Pepe B. Alborés.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com