Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Longa vida ao Batallón Literario da Costa da Morte  Correo-e
miércoles, 20 de enero do 2010

Xoán Silva Pazos:Image

  • "Como referente cultural e literario fundamental no País, a Costa da Morte nunca calou a pesares do escuro esquecemento ao que se viu sometida ó longo dos séculos. Nesta costa asoballada pola dor e o silencio, as verbas dos poetas soan libertadoras, quizais porque son fillas do Océano que as enxendrou. Ese é o sentido desta columna, o de traer á superficie, dende a miña ollada de fisterrán e filólogo en potencia, o son co que se elevan as voces dos escritores da nosa comarca. Trátase dunha homenaxe, en definitiva, ás nosas letras: berros de salitre que soan na Historia como cando ronca o vendaval entre os penedos".

    • “No mar a esencia da poesía
      é a morte,
      sen gadaña, espida e sen enganos”.

      • X.H. Rivadulla Corcón, Taberna á deriva.

      Nesta costa de morte e sufrimento, hai pouco lugar para as iniciativas culturais. De feito, é habitual que os integrantes da vida intelectual e artística da comarca veñamos a queixarnos de cotío da situación que vivimos no que ó progreso cultural se refire. Por iso, iniciativas coma o Batallón Literario da Costa da Morte están destinadas a deixar unha longa pegada na conciencia colectiva, e constitúen un auténtico respiro entre tanta especulación e incompetencia política.

      Non podía continuar esta humilde andaina pola literatura comarcal sen adicar un artigo a este grupo de mozos e mozas que, alá polos noventa, decidiron un bo día entregar parte do seu tempo á revitalización literaria da nosa comarca. Tendo coma centro de operacións o ceense pub Makondo, un grupo de persoas interesadas na literatura e sen apenas carreira no mundo editorial, xuntáronse no ano 1996 para resucitar unha cultura literaria entre a que se atopan persoas da talle de Eduardo Pondal ou López Abente. O nome de Batallón é, na miña opinión, un dos maiores acertos do grupo, pois estes pioneiros non estaban senón a loitar nunha fronte que levaba morta moito tempo.

      Coa única arma da palabra escrita e recitada, este grupo brincou das trincheiras para colocarse en primeira liña de batalla e, deste xeito, marcar todo un fito na Historia da nosa comarca. Os que eramos moi novos daquela viamos a aquela xente coma auténticos abandeirados da intelectualidade e da cultura, nunha época onde había pouco sitio para a creación artística. Foi para todos un exemplo de lucidez intelectual e valentía creadora.

      Esta nova xeración de escritores e escritoras levaron a cabo as súas actividades durante a segunda metade dos anos noventa, convertendo a Costa da Morte nun auténtico referente literario a nivel nacional. Con recitais, encontros e antoloxías, o Batallón Literario da Costa da Morte transformouse pronto no núcleo da cultura costeira. Fitos a destacar son os dous encontros de Escritores e Escritoras da Costa da Morte en 1996 e 1997 (nas vilas de Cée e Corcubión, respectivamente), a publicación do seu peculiar voceiro Feros Corvos, e a compilación de antoloxías onde algúns dos mellores poetas do país a día de hoxe viron publicados os seus primeiros poemas.

      O seu primeiro recompilatorio foi Nós (1997), un nome que senta coma unha luva para unha primeira antoloxía, pois non é senón unha homenaxe a aquela revista mítica que, nos anos 20 e 30, erguera a literatura galega á súa máxima expresión. Logo viñeron Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (1997) e Mar por medio (1998), un irmanamento con poetas cubanos e que abriu novos horizontes para o Batallón. Especialmente reseñable é aquel marabilloso tomo que foi De mar e vento (1997), unha completa escolma poética de cinco creadores fisterráns e que constitúe todo un fito na literatura da Vila do Cristo. Editado por Espiral Maior, contaba coa participación de Alexandre Nerium, Modesto Fraga, Mónica Góñez, Xoán Alberte Moure e Roberto X. Traba Velay. Sobra dicir que foi a consagración de tódolos poetas fisterráns que hoxe triunfan no mundo das letras galegas.

      Moitos destes poetas e narradores deixaron na cultura galega unha pegada indeleble que constitúe un legado que nunca lles poderemos agradecer o suficiente. Xente da talle de Modesto Fraga, Mónica Góñez, Miro e Rafa Villar, David e Estevo Creus, Marilar Aleixandre, María Lado, Alexandre Nerium ou Abel Mendes son hoxe escritores consagrados que tiveron no Batallón o seu punto de partida. Para os que hoxe intentamos saír adiante coas nosas obras, o antecedente que sentou o Batallón é unha inspiración e un exemplo a seguir, unha proba de que a contundencia lírica da Costa da Morte foi, é, e sempre será unha mostra da plenitude do noso espírito.

      Pero sobre todo, se algo nos transmite a día de hoxe o Batallón Literario da Costa da Morte é esperanza, esperanza de que a literatura si serve para algo, de que na verba escrita fica a verdade absoluta do progreso. Coma creadores, non só se moveron polo terreo da innovación e da contemporaneidade, senón que sentaron un precedente espiritual difícil de ignorar. Amosaron a toda Galicia o potencial creador da nosa comarca, ata daquela case esquecida nese eido, e construíron coas súas verbas un vínculo eterno entre a poesía e a idiosincrasia da Costa da Morte. Dende aquela, non se deixou de escribir e publicar na nosa comarca.

      Coma dicía antes, nunca poderemos agradecerlles o suficiente a estes "Feros Corvoso ter erguido en primeiro lugar a bandeira da arte nesta terra indómita. Se de verdade queremos que a cultura siga a ser unha constante e unha parte fundamental da nosa identidade coma comarca é preciso que non esquezamos ó Batallón Literario da Costa da Morte, o seu legado e o seu significado. Por iso, eu quixera propoñer desta volta un brindis por eles, e berrar ós catro ventos, coma non podía ser doutro xeito, “¡Longa vida ó Batallón Literario!"

      • Xoán Silva Pazos.

      Máis información

      Colaboracións anteriores en "Cando ronca o vendaval"

      Novas relacionadas

      Fonte

      • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com