Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Apágase a Costa, con incidencias  Correo-e
martes, 19 de enero do 2010

Onte, martes 19 de xaneiro de 2010, apagábanse os centros de emisión da televisión analóxica de varios concellos da Costa da Morte, en concreto, o de Muxía, Fisterra, Fisterra 2, Corcubión, Cee, Sardiñeiro, Ézaro-Pindo, Lariño e Muros. Calcúlase que estes ceses beneficiarán a preto de 35.000 persoas desta área xeográfica. Para hoxe quedan os de Cabana de Bergantiños, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas.

IncidenciasImage

Pero como non podia ser doutro xeito, a xornada do apagado estivo marcada por unha serie de incidencias técnicas en Corcubión, Cee e Camelle, que a Consellería están procedendo a solucionar.

Rexistráronse dúas incidencias técnicas: a primeira, en Cee e Corcubión, onde uns edificios impiden que algunhas zonas reciban dun dos centros emisores principais, polo que algúns cidadáns non poden ver todas as canles de televisión. Esta incidencia podería deberse tamén a un microreemisor non censado que facilitaba o sinal analóxico.

Ademais, detectáronse problemas de sinal en Camelle, onde tamén xa están traballando os técnicos de Retegal para identificar as causas e proceder a subsanalos. Todo parece indicar que podería tratarse, así mesmo, dunha dependencia en analóxico doutro microreemisor rexistrado recentemente e que hoxe non emitiu, descoñecéndose, de momento, de qué centro emisor principal apagado recibía o sinal.

Estas incidencias levan á Secretaría Xeral de Medios a solicitar a todos os cidadáns que se adapten, canto antes, á televisión dixital terrestre co obxectivo de lograr unha máis pronta identificación dos problemas que poidan xurdir.

Ampliación do prazo de axudas para decodificadoresImage

Ademais dende o Ministerio de industria informan de que amplian de novo o prazo para maiores para a adquisición de decodificadores. Poden ollar os  requisitos para as axudas para adquirilos a través dos concellos.

Chamadas de información

Segundo afirman dende a Consellería, ao longo do día de onte constatouse unha diminución de chamadas nos números de información ao cidadán solicitando, principalmente, información sobre a sintonización dos equipos.

Segue aberto o número de chamadas dos cidadáns recibidas nos números de información 012 e 981 572 154, demandando información, fundamentalmente, sobre a sintonización dos equipos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com