|

Moitas cousas deixou a viaxe a Cataluña do sector turístico da Costa. Varias cousas estiveron mellorables, pero en xeral o sentimento do grupo foi positivo, de ter aprendido de como se saca proveito de onde non hai. E se hai, como temos aquí, pois a conclusión é máis positiva. Con todo, debemos dicir que é posible que sobráramos algúns integrantes da expedición, e que algún destino podería ter sido escollido máis acorde coa nosa realidade. Pero todos tivemos tempo de sacar as nosas conclusións. Logo de falar co Vicerpesidente da Deputación tamén quixemos valorar o aprendido polos alcades da zona. Ademais do alcalde de Laracha, viaxaron, aprenderon, (e brindaron) os de Dumbría, José Manuel Pequeño (á dereita); o de Fisterra, José Manuel Traba (á esquerda); e o de Malpica ao tempo Presidente da xunta provisional do Consorcio, José Ramón Varela Rey (segundo pola esquerda). Se ben tan só Pequeño sacou un día o boli e o papel, todos tomaron nota das cousas que se poden copiar, e das que non. A comunicación Facía fincapé Pequeño os últimos días de expedición na necesidade que ten a Costa da Morte de mellorar as súas vías de comunicación. E o facía pensando nunha cousa: no Tren das 3C, aquel que Pepe Miñóns pedira para unir A Coruña, Carballo e Corcubión. Da experiencia catalana o que queda claro é que a boa conexión con Barcelona é fundamental. Imposible extrapolar o modelo de formar parte dunha área metropolitana con máis de 3 millóns de posibles visitantes, pero a facilidade que había para achegarse a ambas zonas é fundamental para o seu desenvolvemento turístico. "Falta a Xunta" Para José Ramón Varela Rey, alcalde de Malpica, esa viaxe serviu sobre todo para "mellorar a capacidade de análise". E non cabe dúbida que viaxar abre a mente, e nesa liña si que teñen sentido estas viaxes. Ademais Varela Rey afirmou ter aprendido moito en materia de "coordinación na planificación estratéxica entre as diferentes administracións", que era, máis ou menos, o que se viña a aprender, pero que debería ter quedado máis claro nas visitas realizadas de antemán. Varela Rey tivo tempo para falar dos problemas do noso Consorcio: "aquí falta a Xunta", sentenciou. "E bótase en falta, porque o traballo do Xacobeo xa tiña que estar feito" e xa estamos en pleno 2010 e o Consorcio non está formado, polo menos ata o verán, como afirmou Villamar. Agora só "fai falta poñer a funcionar o Consorcio", que seguro que serve "para unir o sector". Pero así e todo, é positivo o rexedor malpicán, e afirma que "hai que mirar en positivo o futuro porque o que temos feito polo de agora na Costa, témolo feito ben". Outra das cousas para as que si serviu a visita é para que creamos nos nosos tesouros. "Temos marca de sobra e a marca é unha fortaleza", reflexionaba Varela cando discutiamos sobre a posibilidade de unir forzas con Santiago e formar unha especie de marca "Santiago-Costa da Morte". A varios medios gustábanos máis, dende logo, "Finisterre-Costa da Morte"... Camaradería Para Traba unha das cousas máis impportantes da visita foi o sentimento de camaderia desenvolto entre alcaldes e xentes da bisbarra. "Por uns días olvidámonos de localismos", e agardemos que este sentimento non sexa pasaxeiro e o aprendido, aprendido quede. Novas da viaxe a Cataluña Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|