|
O Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión protesta polo horario de atención cidadá |
Correo-e
|
|
miércoles, 20 de enero do 2010 |
|

O Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión quere sair ao paso das declaración do alcalde ao Diario de Bergantiños. Unhas declaracións onde o Francisco Javier Lema, Chisco, afirma que o pobo corcubionés está dacordo co proxecto da rexeneración da praia, xa que tan só houbo unha persoas que se achegase a acadar información no novo horario de atención ao cidadán. O Colectivo quere o seu descontento co "curto e inapropiado horario de atención" (os mércores de 13:00 a 13:15h), xa que é "incompatible coa actividade doméstica e laboral da xente deste pobo" e xa que moita xente da vila vive fóra e tan só volve a Corcubión as fins de semana. "¿Por que o alcalde non convovou ningún acto público de carácter informativo tal e como fixemos no Colectivo?", pregúntanse no seu do Colectivo. Por iso non comprenden que o alcalde interprete que "os que non foron a informarse están a favor do proxecto". O Colectivo quere saír ao paso da acusación de "caprichosos" que realizou o alcalde aos membros do mesmo. Ademais, e pensando nas palabras do alcalde que falaba de "eses 4", o Colectivo lembra que "ten máis de 700 sinaturas de xente que amosou o seu rechazo a este dislate". A estes sumarçianse os rexeitementos públicos de "mariscadoras, sindicatos, mariñeiros, biólogos, grupos ecoloxistas..." Tamén incide o Colectivo nas palabras do alcalde sobre o dañinos que poden ser os proxectos do Porto de Brens e do futuro Porto Deportivo de Corcubión. Se é así, "¿O alcalde deste pobo non ten nada que dicir a todo iso? Se son proxectos que contaminan o entorno no que vivimos ¿así é como defende a este pobo?", pregúntanse. Máis información Novas relacionadas Máis novas Fonte - Nota de prensa do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión (nonapraia.tk).
|