|
Ten un accidente e agóchase para non soplar |
Correo-e
|
|
miércoles, 20 de enero do 2010 |
|

Un suceso cando menos curioso é o que acontecía na madrugada deste martes, 19 de xaneiro, na parroquia carnotá de Lira. Un home encaixou o seu vehículo contra unha casa e agochouse da Garda Civil para evitar o control de alcoholemia. Os feitos aconteceron minutos antes das 03:00h na estrada que une Carnota e Muros, á altura de Lira. O condutor, duns corenta anos e natural de Muros, saíuse da vía e colisionou contra o peche dunha casa logo de levar por diante un sinal. Foi un particular que pasaba por alí quen deu aviso ao servizo de emerxencias 112. Acto seguido desprazáronse efectivos de Protección Civil de Carnota ata o lugar do accidente pero só puideron ver como un coche abandonaba a zona do sinistro. Así as cousas, comezou unha búsqueda na que participaron membros de Protección Civil e da Garda Civil. O home foi atopado preto de Lira, agochado no coche dun familiar. Ao parecer, o suxeito chamou a un parente para que o fora recoller e despois fuxir. Os axentes comprobaron que o accidentado non tiña feridas e procederon a facerlle a proba de alcoholemia. Como era de agardar, ésta deu positivo. Novas relacionadas Fonte
|