|
Un mozo de Camariñas detido e liberado por abusar dunha menor muxiá |
Correo-e
|
|
miércoles, 20 de enero do 2010 |
|

Xa pasou declaración no Xulgado de Corcubión o veciño de Camariñas, de 21 anos, acusado de abusar dunha menor de Muxía, de 12 anos. A Garda Civil procedía onte, 19 de xaneiro de 2010, á súa detención trala denuncia dos familiares da vítima. Desta volta, os contactos entre o camariñán e a muxiá comezaron na rede social Tuenti. Tras varios contactos a través do chat, o mozo invitou á rapaza á quedar. Foi aí cando o mozo intentou abusar dela, sen chegar á consumar a violación. Un amigo colgou as imaxes do abuso na mesma rede social, e foi aí cando a familia da vítima chamou á Garda Civil para denunciar o ocorrido. O silencio na vila de Camariñas é total, xa que o veciño é moi coñecido. O mozo quedou finalmente en libertade sen fianza. Novas relacionadas Fonte
|