Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Cee denuncia a desprotección do casco antigo  Correo-e
jueves, 21 de enero do 2010

Image

Envía hoxe o BNG de Cee unha nota explicando unha das aprobacións tomadas na última sesión plenaria do pasado 30 de outubro. Unha modificación puntual das normas urbanísticas moi grave, e que senta precedente, segundo afirma o grupo opositor. Unha modificación que deixa o casco vello en perigo, en entre outros detalles, e que foi xustificada "incoherentemente" polas necesidades plantexadas pola construción das novas vías “Cee – Sardiñeiro” e a “Variante de Brens”.

A modificación proposta sinala:

“Adóptase como usos admisibles para o conxunto das ordenanzas Nº 1, Nº 2, Nº 3, Nº 4, Nº 5 de chan urbano, todos os usos contemplados no artigo nº 32 das Normas Subsidiarias municipais para o chan urbano, cumpriranse os parámetros urbanísticos (parcela mínima, ocupación, edificabilidade, retranqueos, número de plantas e alturas) establecidos para cada unha delas na achaiadura vixente, admitindo os usos sinalados no art. 32 das NN.SS. coa obrigación de axustarse aos regulamentos ou á normativa sectorial que afecten a devanditos usos en cada momento.”

Consideracións do BNG

Ante esta, o BNG sinala:

Unha vez vistas as alegacións e analizadas as consecuencias que se desprenden da modificación facemos as seguintes consideracións:
  • "Non ten nada que ver a proposta concreta co feito no que supostamente a xustifica" xa que para eles o proxecto das vías “Cee – Sardiñeiro” e a “Variante de Brens” non inflúe no "casco antigo, o Recheo, toda a zona da Rúa Calzada, Escabanas, Lagarteira, a Armada, etc"
  • "O cambio concreto proposto rompe calquer criterio de zonificación e planificación urbana ao permitir calquer uso en calquer parte, contradecindo expresamente o disposto a LOUGA".
  • O cambio proposto contradí  expresamente polo que respecta a ordenanza 1, o que establecen as propias Normas Subsidiarias en vigor actualmente, xa que a LOUGA ao respecto establece a Ordenación do Casco Antigo.

Non entede así esta modificación xeral, e suxire que cada caso concreto se estudie por separado. "¿Ten sentido que coa modificación proposta se poda instalar unha gasolineira por exemplo nos baixos dos edificios do recheo, ou un taller téxtil na segunda planta de calquer edificio da praza do mercado?...", pregúntase Dani Oca.

Por todo isto o BNG esixe que se respete o PXOM que estáen proceso de tramitación, tendo en conta un serio Plan especial de Protección do Casco Antigo. E pide evitar ofrecer solo industrial por todo o territorio cando está a piques de abrirse o Parque empresarial.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com