Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Nova morte dun ancián na estrada de Carnota  Correo-e
jueves, 21 de enero do 2010

Image

Un novo atropelo tivo lugar na tarde de onte, mércores 20 de xaneiro de 2010, en Carnota, concretamente na vila do Pindo. Atropelo que se saldou cunha nova morte, a dun home de 88 anos. O home sobreviviu ao impacto pero morreu pouco despois cando era trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

O veciño da parroquia do Pindo tratou de cruzar nunha zona recta pero fóra dun paso de peóns. O OPel Vectra non puido evitar o choque que se produxo de forma moi violenta.

Problemas na estrada carnotá

Nos últimos dias o Concello de Carnota vivíu varios accidentes. Se esta semana un home agochábase tras sufrir un accidente para non soplar, a semana pasada eran 2 os accidentes nos que morría unha muller. E seguen os problemas porque son moitas as señoras vestidas de negro cruzando pola calzada.

Stop accidentes en Corcubión

E nesta liña, informamos de que o Concello de Corcubión organiza, en colaboración coa asociación STOP Accidentes, organiza unha charla interactiva sobre “Seguridade viaria para persoas maiores”, para o vindeiro martes 26 de xaneiro, ás 17.00 h, no salón de actos da Casa de Cultura.

O Concello pretende con esta charla informar os interesados/as das medidas a adoptar para evitar accidentes á hora de camiñar.

Os interesados/as deben inscribirse nas oficinas municipais, ou ben chamando ó 981 74 54 00. Entregarase material reflectante e de seguridade ós asistentes.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com