|
A loita entre os pobos de Fisterra e Muxía por ser a "Fin do Camiño" conseguíu alomenos traer algo de movemento na vila do Cristo. O pobo de Fisterra, dende que viron a imaxe de Félix Porto ondeando a camisola de "Muxía: Fin Do Camiño", está en pé de guerra. En guerra, pero non contra Muxía, senón pola defensa do que consideran de seu. Así, dende hai unhas semanas a vila do Cristo está mobilizada a través do que xa é a "Plataforma Fisterra: Único Fin do Camiño". Todo o pobo está unido e xa houbo varias asembleas na Taberna Ultreia, que rexenta o voceiro da plataforma veciñal José María Velay, ao tempo creador do grupo de Facebook Fisterra Fin do Camiño. Tamén forman parte do colectivo outros pesos pesados do concello, como José Fernando Carrillo, Chus López, ou Modesto Fraga. Pero o número de simpatizantes é enorme e a 21 de xaneiro xa son case que 1.400 o fans da páxina de Facebook. Ademais de estar en pleno proceso para legalizarse, a Plataforma xa tivo o primeiro contacto co concello. Todos e cada un dos concelleiros acodiron á xuntanza do pasado luns na cal o grupo de traballo provisional da Plataforma presentou unha moción que , de seguro, será aprobada por unanimidade na seguinte sesión plenaria. A que vemos é imaxe é unha "Fisterrana" adaptada para a nova causa. E aquí vos deixamos co comunicado de presentación da Plataforma. Comunicado da Plataforma Veciñal Fisterra, único fin do camiño Esta plataforma ten a súa razón de ser nunca realidade contundente e sen fisuras , que non é outra que Fisterra foi, é e será sempre o Único Fin do Camiño.Entre os seus moitos obxetivos está a defensa desta condición e verdade histórica e que forma parte dunha tradición asentada firmemente no noso pobo e no mundo enteiro,demostrable históricamente e que non permite ningún xénero de dúbidas ao respeto.Por este motivo a defensa de calquera intento de usurpación por intereses menos nobles desta verdade convertirase nun campo de batalla, onde a argumentación e o respeto serán os instrumentos utilizados para este fín. Facéndonos eco dun sentir colectivo, traballaremos en prol da divulgación desta realidade a nivel de plataforma e colaborando coas administracións locais e outras, sempre e cando o criterio a seguir sexa o mencionado anteriormente, non sendo nunca un instrumento político nin de calquera outra índole que pervirta a esencia e a razón de ser da Plataforma. Considerámonos asimesmo amparados e lexitimados para realizar estas accións por, ao día de hoxe, máis de 1300 adhesións no grupo creado na rede social ”Facebook/José María Velay/Fisterra,fin do camiño” en internet a raíz da polémica xurdida fai un tempo.A todo elo, nun prazo corto de tempo, recopilaremos nun dossier tódalas demáis adhesións en formato de recollida de sinaturas ,adhesións do Concello de Fisterra en pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro luns 25 de Xaneiro(a petición da Plataforma), Asociacións Culturais, Deportivas, Empresariais etc.. así como outros apoios do exterior de Fisterra que serán todos agrupados para dar máis forza e valor ao que pretendemos facer. Manifesto tamén a intención da Plataforma de rematar esta polémica creada, para así poder escomenzar a traballar en prol de Fisterra e a súa condición de Único Fin do Camiño. Agardamos e desexamos tamén, non ter que volvernos a manifestar neste sentido, xa que por respecto á nosa tradicción, esto non debería representar un caldo de cultivo para actitudes negativas e que non nos levaría a bó porto. Gustaríamos tamén ofrecer o noso espíritu solidario e conciliador de cara as vilas veciñas á hora de promocionar e loitar por unha extensión de territorio que xa é hora de que dé a coñecer o ser valor e os seus atractivos. Por último agradecer sinceiramente todo o apoio prestado por infinidade de persoas i entidades e ofrecer a nosa disposición a escoitar e recibir propostas que serán recibidas con respeto e agradecemento coa finalidade última de facer que Fisterra estea ao nivel que lle corresponde por xusticia. - Por José María Velay Insua.
Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|