|
Curta pero variada axenda cultura da fin de semana |
Correo-e
|
|
viernes, 22 de enero do 2010 |
Cine en Corme Non pode faltar á cita a Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme; que continúa co seu mítico ciclo de cine, Este mes achégase ao cine americano. A película elixida é "Medianoite no xardín do ben e do mal", un thriller de Clint Eastwood, protagonizad por Kevin Spacey ou Jude Law. Coma sempre, o venres ás 22:00h no local da asociación cormelán. Festas de San Vicenzo As Festas de San Vicenzo de Vimianzo traen este venres nada menos que a París de Noia. Ademais haberá discoteca móbil. Sesión Cultural na Fundación Eduardo Pondal A Fundación Eduardo Pondal ten unha cita coa cultura. A cita será o domingo 24 de xaneiro de 2010, cando a partir das 17:00h da tarde, a Casa do Cura do Couto acolla esta sesión con pintura, música, e poesía. Miguel Anxo Calvo e xuventude do Couto abrirá coa Apertura da exposición “Sentimentos para compartir” (pintura e textos literarios) e recitado de textos. Seguirán Tamara Lema e Quen (Mos) Queira, este dúo de acordeonistas formado polo propio Miguel A. Calvo e Xosé Manuel Varela, que farán unha Escenificación musical baseada en textos de Manuel Rivas. E para pechar, Xosé Antonio Pet Posse presentará a súa novela O náufrago, e firmará libros. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|