Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Caietano volve ao entroido popular de Laxe  Correo-e
viernes, 22 de enero do 2010

Image

Xa cheira a entroido. E os primeiros concellos xa nos achegaron as bases e os programas culturais. Os primeiros, o de Laxe e o de Fisterra. Hoxe coñecemos o de Laxe e para o luns estaremos en Fisterra cun dos Entroidos áis significativos da Costa.

Pero é que en Laxe andan xa cos arduos preparativos para este entroido. Unha vila que se volca con estas festas, como puidemos disfrutar o ano pasado no enterro do Caietano. Toda unha historia ben recuperada esta de Don Caietano, que pasou de borrachín, a alcalde, para rematar enterrado por todas as súas viuvas.

Image.

Un entroido do pobo

O que quedou claro é que o pobo ten gañas de festa, e aí deron no cravo dende a Concellería de Cultura. Para que o pobo ser implique, ten que ser o pobo quen organice. Así, a Concellería de Benestar Social, Cultura, e Protección Civil do Concello de Laxe, ten o pracer de informalle que xa comezaron os preparativos para a semana do Entroido. A pluralidade e diversidade de ideas nas que involucrar a todos os sectores sociais locais, é a base do programa, onde a participación veciñal é a clave para desfrutar todos e todas dun grande colorido e diversión.

A pasada semana xa tivo lugar a primeira reunión entre concello e asociacións, coa finalidade de darlle comezo ao proceso de organización colaborativa entre persoal desta concellaría e o tecido asociativo na Festa do Entroido Popular, seguindo así coa liña de traballo establecida o ano pasado, e co mantemento da tradición do Caietano.

Despois da mesma, podemos comunicarlles as datas nas que terán lugar a correspondente festa e coma xa é tradicional:

  • O domingo 14 de febreiro, comezará a Festa co coñecido Nomeamento coma Alcalde do Caietano, ilustre laxense que un ano más durante ese día será proclamado alcalde por aclamación popular, cedéndolle o mando da vila.
    Contra a tardiña realizaráselle un xuízo sumarísimo, polas súas faltas e pecados, condenándoo á pena capital, e despois haberá baile para todas as idades.
  • O domingo 21 de febreiro, executaráse a sentenza do xuízo. A capela ardente do finado alcalde situarase no Concello durante todo o día, e pola tarde se oficiará a misa na honra da súa alma, onde se poderá acompañar as súas numerosas vuivas.
    Posteriormente, queimarase ao defunto a carón do muelle vello, rematando a xornada con baile, como non podía ser menos.

Para apuntarse

Por todo isto, a Concellería laxense ten o gusto de convidar tamén a aquelas agrupacións e persoas voluntarias que non se encontran integrados en ningunha das asociacións do Concello a participar tamén da Festa e da súa organización, conseguindo así unha liña de traballo en común para conseguir actividades que lle dean cor as festas laxenses.

Para calquer información, preguntar nas oficinas de Cultura do Concello (2º andar) ou no tlf. 981.703.906.

Este luns, ollaremos as bases do concurso de comparsas do entroido máis tradicional da Costa da Morte...

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura de Laxe.
                                                             
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com