|
Disconformes coas obras na praia de Camelle |
Correo-e
|
|
viernes, 22 de enero do 2010 |
|

As obras de rexeneración da praia de Camelle están sendo moi seguidas na vila camariñá. As incidencias son continuas e dende a Asociaciación de Veciños "A Pergoliña" "xa están cansos de protestar". "Non hai cartos" Xa en agosto, varios representantes da asociación veciñal tiveran unha reunión co xefe da Demarcación de Costas do Estado. Nela a asociación presentou un amplo informe desfavorable, con algunhas destas fotos. O Xefe de Costas respondía que "non hai máis presuposto para arranxar os problemas, como as grandes gavias ou surcos provocados pola baixada das augas das leiras e dalgunha casa, os grandes charcos de auga que se forman, as pedras e gravas que provocan as gavias, etc." Costas aseguraba que "non é rentable facer unha canalización desas augas para arranxar o problema", polo que a asociación se pregunta porque non tiñan previstos estes problemas antes de comezar as obras e sabendo o presuposto que tiñan para realizala. Novas relacionadas Fonte
|