|
A semana pasada comezabamos o repaso aos gañadores do Concurso de Contos de Nadal do Concello de Muxía, co conto gañador, esa A rapaza e a boneca de Noelia, de 5º curso do C.E.I.P. Vilarmide. E hoxe seguimos viaxando polas letras da man de Sara Sambad, pequena de 8 anos do CEIP Muxía, que nos trae "Un Nadal no bosque". Para a vindeira semana viaxaremos con Daniela Castiñeira, dos Muíños, cos seus animais en "O oso, a cebra e o león". Un Nadal no Bosque Na casa de Pepo estaban preparando o Nadal, Pepo saira a buscar leña ao bosque. - Que reviravoltas estou dando! – Fungaba Pepo-
- Non encontró un carballo, nin un pino, nin tan sequera un mísero castiñeiro.
Pepo era un rapaz un pouco testán e non parou ata encontra una árbore; bueno, era un carballo, nin un pimo, nin un mísero castiñeiro senón unha aciñeira, pero … non calquera aciñeira, .esta era máxica. Pepo apoiouse no tronco da árbore e de súpeto abriuse unha porta, según se abría Pepo ía baixando cara a oscuridade que conducía a un longo túnel. Ó final do corredor había unha sala espaciosa adornada con velas e follas. Nela Pepo atopou unha gran variedade de animais, que entre todos, preparaban unha estupenda festa de Nadal. Un grupiño de esquíos, dirixidos por un peculiar rato chamado “Señor Dentazos”, ensaiaban unas panxoliñas; varios coellos e toupas preparaban a cea de Noiteboa; a Señora Pepita, unha enorme serpe, parecía un adorno colgado dos cornos do Señor cervo que decoraba as paredes, castores, osos, ras, etc. Tamén participaban na preparación desta gran festa. Pepo foi acercándose ós animais que ainda non se percataran da súa presenza, pois atopábanse no fondo da estancia pensativamente dominado pola timidez. Cando os animais se deron de conta de que Pepo estaba alí, convidarono a participar na gran festa. Pepo aceptou gustosamente. No momento de sentarse naquela gran mesa para cear… - Pepo, Pepo, esperta é hora de abrir os agasallos! -Di a súa nai-
- Pepo quedara dormido no bosque. Todo fora un soño.
- O rapaz estaba un pouco apenado no solo pola apetitosa langosta da cea, senón polos convidados do seu soño.
Dende aquel día, na casa de Pepo, sempre cociñan langosta para cear polo Nadal, e ademáis teñen uns convidados especiais para participar na festa como se estivesen naquela máxica aciñeira, da que Pepo o final non trouxo leña. - Sara Sambad Rodríguez (C.E.I.P “MUXÍA”)
Novas relacionadas Fonte
|