Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
"Anímate a participar no entroido máis tradicional da Costa da Morte"  Correo-e
lunes, 25 de enero do 2010

Image

Este é o lema elixido polo Concello de Fisterra para promocionar o seu Entroido, do que lle din "o máis tradicional da Costa da Morte", (e agardemos que non se enfade ninguén...). Despois do amplo programa do Nadal presentado polo Departamento de Cultura do Concello de Fisterra, o Concelleiro de Cultura, Deportes e Turismo Santiago Insua Esmorís-Recamán anima a todas as comparsas a participar no entroido fisterrán.

Cómpre destacar que o propio Concello vai pór todos os medios necesarios para que o evento conserve a súa categoría pero pide a colaboración de todas as persoas pertencentes ás comparsas que se animen e saquen forzas para que o noso entroido sexa cada vez mellor e non decaiga.

Non cabe dúbida que as comparsas fisterrás son as máis experimentadas e traballadas, pero nos últimos anos sempre houbo participación de fóra do concello, algo que fai máis auténtica a celebración.

A cita será o martes 16 de febreiro de 2010, na Praza da Constitución de Fisterra, ás 18:00h.

Bases do concurso de comparsas

Premios

En canto aos premios a repartir menciona que son as contías máis grandes que se dan en toda a zona e ademais aquelas comparsas que non consigan ningún dos tres primeiros premios, faráselle entrega dun accésit de 300 euros a modo de axuda para os gastos ocasionados.

Os premios son:

  • 1 premio: 1.500€;
  • 2ª premio: 1.200€;
  • 3º premio: 900 euros.

Valoracións

Os aspectos a puntuar serán a presentación (disfraces, maquillaxe...), calidade artística (música, posta en escena, organización...) e o contido das cancións e letras.

Outros detalles indican que o tempo de actuación non sobrepasará  os 30 minutos; que cada comparsa terá como mínimo 15 persoas; e que as participantes terán a obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado día 13 de febreiro.

Inscricións

O prazo para inscribirse nas oficinas municipais termina o 5 febreiro podendo chamar para pedir información ao 981.74.00.01 en horario de 8:30h a 14:30h.

Se arriba vemos aos Presajeiros sen Fronteiras co seu musical de ABBA, aquí vos deixamos cun vídeo da Galería do ano pasado... non ten perda ese movemento de cadeiras...

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura de Fisterra.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com