Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Cee pide controlar os horarios de comercios fora do casco os domingos  Correo-e
lunes, 25 de enero do 2010

Image

Moitos son os problemas que se están xerando no seo do pequeno comercio de Cee. A apertura do Eroski, un ano atrás (que non só incomodou ao pequeno comercio) e os novos supermercados no norte do concello poden provocar o peche de moitos pequenos comercios.

O que parece manterse vivo malia e todo e o mercado municipal dos domingos. Xentes de toda a bisbarra achéganse á vila da Xunqueira de compras domingueiras, nunha actividade que gusta a pequenos, medianos e maiores. E claro, sempre acompañados duns bos churros...

Pero estes días, os concelleiros do Grupo Municipal do BNG no Concello de Cee, Daniel Oca González e Santos Díaz Graíño, van presentar unha moción sobre este asunto. A idea é a de facer unha delimitación da área comercial que pode abrir os días de mercado.

Segundo apuntan, polo de agora non está tipificada a área na que se permite abrir o domingo, polo que o BNG pide que só sexa no casco urbán onde se permita abrir nas datas do mercado, para favorecer o pequeno comercio e os feirantes. É o concello o que ten que delimitar a área.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.
  • Fotografía de Kalina.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com